Inicio Blog Páxina 1567

O Concello de Vigo denuncia que Corina Porro “lle regala” á Xunta 15 locais do Casco Vello

O goberno municipal de Vigo denunciou este mércores que a presidenta do Consorcio Casco Vello (organismo participado nun 90 por cento pola Xunta e nun 10 por cento polo Concello), Corina Porro, propón “regalarlle” á administración autonómica 15 locais deste organismo para que a Xunta, á súa vez, “os doe a algunha institución”.

Así o trasladou o goberno presidido por Abel Caballero a través dun comunicado, no que lembrou que a Xunta “enganou” a Universidade de Vigo asinando un protocolo no que lle ofrece a cesión de locais que non son da súa propiedade, senón do Consorcio.

“Desde o Concello opóñemonos a que o Consorcio, entidade viguesa, lle regale á Xunta locais comerciais no Casco Vello de Vigo”, advertiu o goberno local, que lamentou a “incapacidade” da presidencia do Consorcio (agora ostentada por Corina Porro, e nos últimos anos por Ignacio López-Chaves) para pór no mercado eses locais.

Por todo iso, o goberno vigués anunciou que, na próxima reunión do Consello de Administración do Consorcio, proporá “unha alternativa que evitará a descapitalización” do organismo, e que este poida seguir o seu labor de rehabilitación, “asegurando a utilización de locais por entidades culturais, turísticas e de diferentes ámbitos da cidade”.

Por outra banda, e en relación coa cesión dun local para establecer en Vigo unha sede do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o goberno municipal confirmou que a apoiará, “pero marcará uns prazos para asegurar que esta proposta da Xunta de Galicia se leva adiante”.

En resposta a este comunicado, o portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, criticou que o goberno de Abel Caballero, que leva “12 anos sen facer nada polo Casco Vello”, queira agora pór “un pau na roda” desta iniciativa, que beneficiará a entidades sen ánimo de lucro. “É dunha mezquindad e dun oportunismo político que non se poden tolerar”, sentenciou, e engadiu que a proposta da presidencia do Consorcio “ten todos os informes favorables”.

Detido un menor tras sufrir un accidente mentres conducía ebrio un coche roubado

A Garda Civil detivo na madrugada do pasado sábado a un mozo de 17 anos de idade despois de sufrir un accidente cando circulaba ebrio pola autovía A-55 (Vigo-Tui) cun turismo subtraído.

Os feitos sucederon á altura do punto quilométrico 31,100 da devandita estrada, onde o mozo, de orixe romanesa, sufriu o accidente.

Segundo as investigacións realizadas pola patrulla do Destacamiento de Tráfico do Porriño, o menor desprazábase cara á localidade pontevedresa de Tui pola autovía e, despois de realizar un cambio de sentido, avanzou uns 200 metros en dirección contraria e terminou chocando cunha bionda ao sufrir unha saída da vía para evitar o choque frontal cun camión.

Tal como indicou a Benemérita nun comunicado, as primeiras pescudas determinaron que o mozo, que resultou ileso, conducía de forma “temeraria”, ebrio e sen carné un vehículo que fora subtraído recentemente en Vigo.

Desta maneira, foi detido como presunto autor dos delitos contra a seguridade viaria e furto de uso dun vehículo a motor. Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, que foron remitidas á Fiscalía de Menores, o mozo quedou en liberdade baixo a custodia e tutela dos seus pais.

O festival 85C, unha alternativa aos macroeventos que busca o empoderamento feminino

Fai unhas semanas celebrábase en Santiago de Compostela O Son do Camiño, un macrofestival financiado con 2’5 millóns de euros pola Xunta de Galicia. Alén do que se podería pensar a partir deste dispendio de cartos, existen propostas artísticas que ou ben non están financiadas fundamentalmente con cartos públicos, ou directamente non se lle dan axudas a pesar do innovador e dinamizador da súa proposta.

Existen a moreas exemplos por toda Galicia. Dous exemplos son o Festival 85C en Vigo e o Osa do Mar en Burela. Dúas propostas separadas por centros de quilómetros pero unidas por intentar facer unha proposta diferente cun valor engadido moi claro. Podes ler toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

Córtalle o garaxe á veciña cunha radial mentres esta residía en Canarias

0

O clásico galego de mover os marcos chega ao máximo expoñente nun caso recente en Gondomar que parece máis ben a aplicación dunha lei Salomónica.

Unha veciña deste municipio pontevedrés, residente en Canarias, denunciou recentemente perante a Garda Civil o caso ao que foi sometido unha das súas propiedades, herdanza familiar, en Gondomar.

Segundo denunciou, levaba varias semáns na que os veciños advertíanlle de que estaban a facer obras de retranqueo sobre a súa propiedade.

Primeiro retranqueando o muro lindante, para seguidamente, o pasado día 29 de decembro, marcar e cortar cunha radial o galpón sen previo aviso.

Así quedou o galpón logo do corte e tranqueo. Foto Fernanda Fernández Vargas Facebook Val Miñor Diario

“Quiero desenmascarar a estas personas que se sienten impunes, que se creen importantes e influyentes, que vulneran la ley, que no sienten respeto hacia la propiedad privada, pero tampoco hacia las personas. Por supuesto, dispongo de toda la documentación para acreditar lo que aquí cuento. Y unas fotos que valen más que mil palabras.”

As obras realizáronse dende a finca lindante sobre a súa propiedade e consistiron no retranqueo do muro, o corte do galpón e a cuberta e a recolocación do portalón na fachada.

“En shock, alucinada, enfadada, decepcionada, rabiosa…, no sé como me siento. He presentado la correspondiente denuncia por daños, pero la justicia es muy lenta.” asegura Fernanda Férnandez Vargas, propietaria do galpón.

De momento o concello de Gondomar non se pronunciou sobre os feitos polo que haberá que agardar á resolución da xustiza.

“Menos Risga e ingreso mínimo e máis traballo e vivenda”

Unha campaña impulsada por un grupo de colectivos de Galicia insta ao próximo Goberno da Xunta a implantar unha renda básica “suficiente, incondicional, universal” e de “pleno dereito” para a cidadanía galega, que sirva de base para dar un xiro cara a unha nova política social centrada nas necesidades das persoas.

A iniciativa foi presentada este martes en Vigo, pero tamén en Santiago e A Coruña, co lema ‘Nin Risga, nin ingreso mínimo vital, renda básica xa’, e conta co apoio de entidades como o Foro Galego de Inmigración, Colectivos pola Renda Básica Universal, SOS Racismo Galicia, Coordinadora de Crentes Galegos ou o Colexio de Educadoras Sociais de Galicia, entre outras.

Os asinantes da campaña denuncian que o estado de alarma “deixou en evidencia a inacción” do Goberno galego e que, a pesar diso, a desescalada “se acelere”, a máquina das eleccións ponse en marcha “coma se nada pasase nestes meses”. “Queda claro que non todas as vidas importan”, censuran, para arremeter contra as políticas “minúsculas” emprendidas polo Executivo galego ante a magnitude da crise sanitaria, económica e social que padece o territorio.

Protesta para criticar o Risga e o Ingreso Mínimo Vital e reclamar vivenda e traballo digno / c Miguel Núñez

En concreto, refírense a catro aspectos de “urxencia”. O primeiro deles, a necesidade dunha renda básica que atenda a todos eses colectivos empobrecidos e que quedan fóra da “esmola” da Risga e do “insuficiente” ingreso mínimo vital, como os migrantes en situación administrativa irregular, os menores de 23 anos ou as persoas con menos dun ano de residencia.

MIGRANTES

As organizacións lembran, ademais, que é precisamente o colectivo migrante o que sostivo “actividades esenciais, como son os traballos de coidados e o de campo”, a pesar do estado de alarma e que, con todo, “non son persoas que poidan acceder a dereitos”, como o IMV. “O paradoxo é cruel”, insisten.

Doutra banda, estes meses puxeron de manifesto a “desigualdade e inxustiza” que atravesa o dereito a vivenda e o volume de persoas ‘sen teito’ que “malviven” en Galicia, ademais da falta de medidas para a súa atención. Unha realidade á que non se atende, denuncian, a pesar de que a construción de vivenda protexida está en mínimos históricos

Finalmente, urxen actuar respecto da atención a maiores, despois de que a COVID-19 deixase “espido o negocio das residencias” e a “ineficacia da Lei de Dependencia”. Tras facer caixa coas necesidades dos anciáns e das familias, a “resposta da Xunta -critican- foi pechar os centros de día ata o 1 de setembro”, o que deixará de novo “en mans das familias, por tanto das mulleres”, a responsabilidade dos coidados.

Cangas chora a morte dunha veciña no accidente de Etiopía

0

O Concello de Cangas do Morrazo (Pontevedra) decretou tres días de loito oficial pola morte de Pilar Martínez Docampo, unha das dúas vítimas mortais de nacionalidade española no accidente aéreo de Etiopía, e que era veciña do municipio.

Pilar Martínez Docampo, de 32 anos, traballaba como cooperante dunha ONG en Etiopía e viaxaba no avión da compañía Ethiopian Airlines que se estrelou pouco despois de despegar de Adís Abeba con rumbo a Nairobi.

O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, expresou, en declaracións a Efe, a súa consternación polo falecemento desta nova e trasladou á súa familia o seu apoio e predisposición a colaborar no que poida nos trámites de repatriación do cadáver.

Un ofrecemento que se suma ao da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, segundo confirmou a Efe o alcalde de Cangas, consciente de que “á dor da perda dun ser querido” súmaselle á familia o trámite “confuso” da repatriación.

Pazos engadiu que “calquera morte dun veciño é sentida”, pero neste caso súmase que a vítima era unha persoa nova e solidaria, polo que a corporación local quere expresar especialmente o seu “respecto e recoñecemento” con tres días de loito nos que as bandeiras da casa consistorial ondearán a media hasta.

O PP abandona o pleno de Vigo polo “desprezo” do alcalde ao marchar dez minutos de sesión

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo abandonou este mércores o pleno como “sinal de protesta” polo “desprezo” demostrado –acusan– o alcalde, Abel Caballero, quen se ausentou ao dez minutos unha vez iniciada a sesión.

O abandono do pleno por parte do grupo ‘popular’ imposibilitou o debate das dúas mocións que presentaron para esta sesión. Unha delas instaba o pleno a mostrar o seu rexeitamento aos Orzamentos Xerais do Estado por danar a cidade, e a outra reclamaba a comparecencia da tenente de alcalde e presidenta da Deputación, Carmela Silva, para dar explicacións políticas sobre o suposto ‘enchufe’ da súa cuñada nunha concesionaria municipal.

Tras abandonar a sesión plenaria, a portavoz do grupo municipal do PP, Elena Muñoz, explicou que o seu grupo dixo “xa abonda”, ante o “desprezo continuado” de Abel Caballero ao órgano que “representa a todos os vigueses”. “Abandona os plenos de forma continua, non acabou un en todo o mandato”, sinalou a edila.

Ademais, subliñou que o rexedor non marchou do pleno por algo imprevisto, senón que xa programara ” na súa axenda actividade para a mesma hora á que se estaría celebrando” esa sesión plenaria, “igual que Carmela Silva”. “Non lles interesa escoitar outras opinións distintas ás súas. Chegamos ao límite, isto non é un desprezo á oposición, senón aos vigueses”, proclamou Elena Muñoz.

O PP pediu ao rexedor “que rectifique” e teña “altura de miras”, porque o pleno “merece o respecto do máximo responsable da cidade”.

COMPARACIÓN CON FEIJÓO

Ante a protesta e as críticas do grupo popular, o alcalde, Abel Caballero, en rolda de prensa, limitouse a constatar que “o alcalde está sempre na parte dispositiva dos plenos” e que, para o resto de puntos, só deben estar “os portavoces dos grupos e quen vai defender e votar as mocións”.

Por iso, acusou aos ‘populares’ de facer “campaña electoral” co seu xesto, e lamentou que “o día que deron clases de democracia non estaban”.

Por outra banda, o alcalde subliñou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “non está na maioría de plenos do Parlamento” e que, de feito, este mesmo mércores abandonou a cámara autonómica. “E non o recrimino, é a lóxica da democracia, e non vexo que o grupo parlamentario popular se levante”, dixo, e engadiu que a súa axenda deste mércores é “moi densa” e “vaino a seguir sendo todos os días do ano”.

O alcalde de Vigo abandonou a sesión plenaria para manter unha reunión co director provincial de Costas, Enrique Fernández, e preguntou: “Será que ao PP moléstalle que me reúna con Costas ou será que lles gusta o batifondo?”.

O Concello de Ponteareas defende que as multas polos vertidos “non axilizan” a mellora do río Tea

O concello de Ponteareas vén de “aclarar” ao grupo ecoloxista Adenco que as multas administrativas “non axilizan o proceso de mellora dos vertidos ao río Tea e tan só supoñen un gasto e unha entrega de cartos á administración, cartos que poderían ser derivados a outros servizos en beneficio da cidadanía e do mediambiente”.

O Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Represas, explicaron que as sucesivas multas teñen unha orixe “que vén de moitos anos atrás, máis de vinte anos, cando anteriores gobernos do PP decidiron instalar unha depuradora insuficiente para o caudal que recibiría e que ademais non tiña en conta a previsión de crecemento da cidade. Este erro e falta de previsión provoca agora que reciba máis caudal do que debe tratar e que a  se produzan vertidos”.

acusan os ecoloxistas de utilizar unha dobre vara de medir con pp e psoe

Represas explica que aínda que agora se producen moitas multas “non é precisamente porque se deba a un aumento dos vertidos”, simplemente é froito da dunha maior “preocupación” de Adenco e do seu responsable, Anxo Saborido, por denunciar, con relación á épocas anteriores con gobernos do Partido Popular.

O Alcalde asegura que o río agora non está peor, apuntando que a praia de San
Roque durante décadas non era apta para o baño, pero si dende hai dous anos por eliminar os vertidos de regato da Venda.

“A solución aos vertidos está en marcha e Adenco e Anxo Saborido teñen constancia disto”, aseguran desde o Concello. O goberno de Ponteareas propúxolle a Confederación Hidrográfica un acordo para solucionar entre a propia Confederación (dependente do Estado), a Xunta de Galiza e o Concello un acordo entre as tres administracións para solucionar o grave e crónico problema dos vertidos ao Tea.

Esta proposta, como xa se ten informado, deu os seus froitos e neste momento estanse
redactando dous proxectos por un importe total de 4,5 millóns de euros que pretenden dar solución as verteduras sen depurar ao Tea.

“Isto si é unha medida en marcha e en firme para solucionar os problemas crónicos do noso río Tea. Isto si é axilizar e traballar en positivo e non poñer atrancos que dificulten a xestión”, concluíron.

A área de Vigo rexistra o maior incremento de novos casos de Galicia

0

Os casos activos de Covid-19 rexistraron un descenso en Galicia, ata os 2.340, mentres repuntan os novos contaxios, 138 máis que a xornada anterior, segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade. Por outra banda, aumentan lixeiramente os pacientes ingresados, un total de 199, dos que 28 están en UCI –dous menos– e 171 noutras unidades, catro máis.

Segundo os datos actualizados este xoves, os casos activos de Covid en Galicia descenden lixeiramente, ao pasar de 2.354 a 2.340 –14 menos–, cun incremento dos curados (152 máis), aínda que tamén cun aumento dos contaxios (138 máis). En canto ás áreas sanitarias, A Coruña e Vigo mantéñense como as que rexistran máis casos activos.

Por outra banda, na área de Vigo mantéñense en cinco os críticos e aumentan os hospitalizados, de 39 a 43.

NOVOS CASOS

Dos novos contaxios, 120 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que 39 corresponden á de Vigo, o maior incremento de Galicia.

No relativo á taxa de positividade baixou a un 1,5 tras haber repuntado a un 3 por cento polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed