InicioSociedadeA área de Vigo rexistra o maior incremento de novos casos de...

A área de Vigo rexistra o maior incremento de novos casos de Galicia

Dos 120 novos casos, case 40 corresponden á zona de Vigo.

PUBLICADO O

Os casos activos de Covid-19 rexistraron un descenso en Galicia, ata os 2.340, mentres repuntan os novos contaxios, 138 máis que a xornada anterior, segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade. Por outra banda, aumentan lixeiramente os pacientes ingresados, un total de 199, dos que 28 están en UCI –dous menos– e 171 noutras unidades, catro máis.

Segundo os datos actualizados este xoves, os casos activos de Covid en Galicia descenden lixeiramente, ao pasar de 2.354 a 2.340 –14 menos–, cun incremento dos curados (152 máis), aínda que tamén cun aumento dos contaxios (138 máis). En canto ás áreas sanitarias, A Coruña e Vigo mantéñense como as que rexistran máis casos activos.

Por outra banda, na área de Vigo mantéñense en cinco os críticos e aumentan os hospitalizados, de 39 a 43.

NOVOS CASOS

Dos novos contaxios, 120 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que 39 corresponden á de Vigo, o maior incremento de Galicia.

No relativo á taxa de positividade baixou a un 1,5 tras haber repuntado a un 3 por cento polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...