Inicio Blog Páxina 1529

VÍDEO: Sen distancias nin máscaras. Así foi a derradeira noite de festa en Vigo

A historia repítese unha vez máis. De novo unha rúa estreita e a media luz, de novo unha multitude de mozos incumprindo as distancias de seguridade e demais recomendacións sanitarias. Esa é a estampa do vídeo gravado na viguesa Rúa Churruca que dende hai unhas horas circula por Twitter, para indignación e crítica dos usuarios.

A escea, rexistrada -segundo a conta que a publica- na madrugada do sábado ao domingo, foi capturada pouco despois de que os locais de ocio nocturno baixaran a persiana de acordo coa normativa impulsada pola Xunta para tentar controlar a expansión da covid. 

Tamén en relación coas normas da Xunta, este sábado foi o último -ata novo aviso- no que os locais nocturnos puideron permanecer abertos, xa que a regulación autonómica -xunto co Ministerio de Sanidade- xa decretou o peche de pubs e locais de copas, en vigor dende a madrugada do domingo ó luns. A escea rexistrada en Vigo levantou a indignación dos usuarios da rede social, que emitiron duras críticas contra a conduta dos mozos.

Entrou Galicia na fase de descenso da pandemia? Os datos contradín ao conselleiro de sanidade

1

Os casos positivos de COVID-19 en Galicia aumentaron en 225 este mércores con respecto ao martes, mentres que as persoas en UCI reducíronse a 96, cinco menos que a xornada anterior, e as persoas falecidas aumentaron a 475.

Estes foron os datos facilitados polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, na súa comparecencia no Parlamento galego para informar sobre a evolución da crise sanitaria. “Hoxe consideramos que entramos en fase de descenso da onda da pandemia“, subliñou.

Os datos son esperanzadores, pero as gráficas non amosan de momento ese descenso que sinala o titular de sanidade.

As gráficas apuntan a que Galicia atoparíase máis ben na fase de aplanamento da curva mentras sega habendo un incremento de casos positivos activos, según os propios datos do SERGAS.

Almuiña sinalou que hai 6.641 casos de infectados na Comunidade galega, o que supón 225 máis que o martes; 96 pacientes en UCI e rexistráronse 1.625 altas hospitalarias, mentres que 475 persoas faleceron co virus –368 delas en hospitais–.

Letalidade do virus

O titular de Sanidade situou a taxa de letalidade sobre o total de contaxios en Galicia no 4,13%, sinalando que “é a menor de España” cunha media do 10,4%.

O dato precisado por Almuiña non sería correcto, xa que según os últimos datos facilitados pola propia Consellería de Sanidade a tasa de letalidade en Galicia situaríase no 5,5% un 1,13% máis que o día de onte. O que sería certo é que Galicia sitúase na actualidade entre as comunidades cun indice de letalidade máis baixo logo de Ceuta e Melilla.

As tasas de letalidade contabilizadas en España son tasas de letalidade crúas “CFR”, porque realmente non se analizan por COVID19 os falecementos de persoas que foran asintomáticas.

O Colexio de Procuradores de Vigo recomenda reactivar a Xustiza por vía telemática

O Colexio de Procuradores de Vigo avogou por reactivar a Xustiza por vía telemática para xestionar casos pendentes, así como por crear un novo operador, o procurador executivo, para ampliar a capacidade de xestión dos xulgados tras a crise sanitaria.

Así o sinalou no ‘Manifesto pola axilidade da Xustiza’, un documento no que se inclúen distintas propostas para aumentar a eficiencia de xestión ante o “colapso estrutural que sofren os xulgados”, segundo sinalou o órgano colexiado nun comunicado. Neste sentido, advertiu de que esta situación se agravará dada a suspensión da actividade decretada no marco do estado de alarma.

Deste xeito, lembrou que a finais de 2019 o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) cifraba en máis de 20.000 os asuntos sen resolver nos xulgados de Vigo. Ante esta situación, o Colexio de Procuradores da urbe apostou por que todos os traballadores da Xustiza utilicen a ferramenta Lexnet de modo telemático para abordar asuntos pendentes.

Tamén expuxo que se supriman os “tempos mortos” co inicio dos prazos “no momento que os procuradores das partes implicadas nun litixio trasládense a información“. Así, o decano do órgano colexiado, José Antonio Fandiño, incidiu na necesidade de que a Xustiza manteña a súa actividade “mesmo nos momentos máis difíciles” dado que se trata dun servizo “básico” para a cidadanía.

PROPOSTAS

Nesta liña, propúxose crear a figura do procurador executivo para axilizar a Xustiza, o que permitiría que estes profesionais asumisen a execución de embargos e dilixencias, ademais do acceso ao momento neutro xudicial para a investigación de bens ou a entrega de notificacións baixo control xudicial.

Sobre este punto, o Colexio de Procuradores de Vigo asegurou que esta medida non levaría un gasto público adicional á vez que achegaría ás tramitacións xudiciais máis de 739 profesionais en Galicia.

A ese respecto, explicou que se trata dunha figura que seguiría o exemplo dos solicitadores lusos, que permitiron reducir á metade o tempo de resolución dos xulgados civís e mercantís de Portugal entre 2010 e 2016.

Adicionalmente, mediante o manifesto propúxose que os procuradores asuman o desenvolvemento de todos os actos de comunicaciónde forma obrigatoria e que se eliminen os órganos uniprovinciales especializados en cláusulas solo.

Falece por coronavirus en Madrid o misioneiro vigués Gonzalo Dasilva

Gonzalo Dasilva Fernández, misioneiro vigués de 58 anos de idade, faleceu en Madrid a causa do coronavirus, segundo confirmaron fontes da Diocese de Tui-Vigo.

Nas últimas horas, a Congregación dos Misioneiros Combonianos, á que pertencía Dasilva, confirmou o falecemento deste sacerdote, que se produciu o pasado domingo.

Poucos días antes, empezara a notar síntomas leves e confinouse, con seguimento médico telefónico. A pesar de parecer que a súa situación mellorara, o pasado domingo “tivo unha crise e, con sorpresa de todos, faleceu”, segundo trasladou o Bispado.

OGonzalo Dasilva estudou no Seminario Menor dos Misioneiros Combonianos do Corazón de Xesús en Santiago, e fixo o seu postulantado en Granada, onde estudou na Facultade de Teoloxía. Tras o seu paso posterior por Moncada (Valencia), proseguiu os seus estudos teolóxicos en Londres e Roma, antes de ser ordenado sacerdote en España, en 1990.

Dous anos despois foi destinado á Misión desta congregación en Togo, Gana e Benín, en África, onde estivo durante 18 anos. En 2011 regresou a España para traballar no economato provincial.

Bescansa esixe “transparencia” na venda de Povisa e “respecto dos dereitos” dos trabalaldores

A cabeza de lista de Más País-EQUO pola provincia da Coruña, Carolina Bescansa, esixiu este sábado “transparencia” na venda do hospital Povisa de Vigo e lamentou a “violación continua e manifesta” dos dereitos dos traballadores e pacientes.

Así o sinalou Bescansa tras reunirse na cidade olívica co comité de empresa do centro hospitalario. Un encontro no que tamén estiveron presentes, entre outros, o número uno por Pontevedra da organización encabezada por Íñigo Errejón, Daniel Liceras, así como os candidatos Ruth Vallejo, Eduardo Ortiz e José Manuel Ledo.

Carolina Bescansa subliñou a necesidade de “pór en pé” un Goberno que protexa os dereitos dos traballadores e que garanta a viabilidade das empresas en espazos de transparencia contractual e administrativa.

Para ela, a garantía dos servizos públicos en España “é moito máis que unha garantía xenérica que non se aplica”, senón que “ten que ver co respecto xeral dos dereitos, tanto dos traballadores como dos enfermos”, polo que, ao seu xuízo, “iso necesita moita transparencia na relación dos contratos entre a administración pública e as empresas privadas”.

OPACIDADE

“Nada diso está a ocorrer con Povisa e todo iso é o que temos que pór en pé a partir do 10 de novembro”, reivindicou Bescansa ante os medios, tras o que engadiu que “non se poden ter grandes empresas que xestionen grandes contratos coa administración pública coa opacidade que se ve” no caso de Povisa.

Neste sentido, indicou que o máis sospeitoso “é a cantidade de información ocultada aos membros do comité de empresa, que non teñen acceso a elementos básicos para coñecer as condicións nas que se está levando a cabo a venda”. “Non se fan con opacidade as cousas que son transparentes”, sentenciou a líder de Más País.

PREOCUPACIÓN POLA VENDA

Pola súa banda, a portavoz do comité de empresa, Chus Neira (CIG), trasladou a “preocupación pola venda” que teñen os traballadores e denunciou a “opacidade” coa que esta operación se está producindo.

“Que vai pasar co hospital? Non entendemos por que a Xunta non o compra por 22 ou 24 millóns de euros, que é polo que se di que se compra”, criticou Neira, quen lamentou os “antecedentes” dos compradores do hospital, Ribeira Saúde, e que detrás desta empresa estea unha multinacional.

“Os galegos non merecemos ter a ninguén de fóra que xestione a Sanidade. O 80% da actividade de Povisa é do Servizo Galego de Saúde (Sergas). A Xunta é responsable da venda e non sabemos que hai detrás, nin as condicións”, criticou Neira en declaracións aos medios tras a reunión con Bescansa.

Vídeos exclusivos dos efectos da explosión pirotécnica en Tui

0

A explosión este mércores de material pirotécnico nunha vivenda en Paramos, concello de Tui, causou cando menos unha muller morta e 26 feridos —entre estes, sete menores—, ademais de numerosas desfeitas materiais.

Miguel Núñez conseguiu achegarse a tan só uns 200 metros da ‘zona cero’, onde puido comprobar os danos causados polo estoupido, que afectou a numerosas vivendas da zona e que mesmo se chegou a escoitar en todo o sur da provincia de Pontevedra.

Estas imaxes exclusivas gravadas polo reporteiro de Xornal de Vigo mostras os devastores efectos da explosión, debido á gran magnitude da onda expansiva, que mesmo chegou a ocasionar danos en locais en pleno centro de Tui, a varios quilómetros de onde se produciu o estoupido.

A explosión e a onda expansiva derrubou varias casas na zona, rompendo cristais, derrubando tellados e causando lumes. “É como Chernobyl, non hai nada, non queda nada”, dixo unha testemuña presencial da contorna”, onde os danos se contan por centos.

Cangas cita aos mellores hosteleiros da vila para a Feira da Tapa deste verán

0

De cara a organización da FEIRA DA TAPA 2018, o Concello de Cangas convoca a tódolos hostaleiros que desexen participar na mesma, a unha xuntanza o venres día 25 de maio ás 17:30 horas no Salón de Plenos do Concello.

Este ano celebrarase a Feira da Tapa do 28 de xuño ao 8 de xullo. Os hostaleiros
que participen teñen como data límite para formalizar a súa inscrición ata o mércores 6 de xuño nas Oficinas de Turismo do Concello, como se ven facendo nos últimos anos.

Como principal novidade, este ano os establecementos poderán participar na
modalidade de “Tapa”, de “Elaboración especial”, ou en ámbalas dúas.

Na xuntanza deste venres, farase entrega das Bases de Participación e da Folla de
Inscrición na Feira da Tapa 2018. Ambos documentos poderanse adquirir tamén nos
vindeiros días nas Oficinas de Turismo do Concello.

Animan dende o Concello a participar nesta edición a todos os establecementos hostaleiros de Cangas, polo que sería importante a asistencia a esta xuntanza para ampliar toda a
información e aclarar posibles dúbidas.

A Marea de Vigo reclama a adhesión de Vigo á Rede de Entidades locais para a Axenda 2030

A Marea de Vigo reclamou a adhesión da cidade olívica á Rede de Entidades locais para a Axenda 2030, co obxectivo de dar resposta á “necesidade de levar a cabo políticas que aposten pola sustentabilidade e a defensa do medioambiente na cidade”.

A concelleira Oriana Méndez subliñou que “non ten sentido que Vigo, que lidera a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), non forme parte dos municipios adheridos” a esta rede para a implementación local dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Así as cousas, lembrou que forman parte desta rede os gobernos locais que se comprometen a localizar e implementar os ODS da Axenda 2030 de forma transversal nas políticas públicas municipais. “Non é entendible que Vigo aínda non estea adherido a estas alturas, tendo ademais a presidencia da FEMP”, selou.

Segundo indicou, coa súa adhesión á rede o Goberno local “comprométese a determinar un conxunto de actuacións, que deberán incorporarse a un Plan de Actuación ou Estratexia Local que inclúa unha análise de situación e un plan de localización e implementación dos ODS da Axenda 2030”.

“Sería amplamente positivo para Vigo formar parte desta rede, estando a súa actividade dirixida a favorecer a coordinación de actuacións entre os gobernos locais, permitindo alcanzar mellores resultados na implementación destes obxectivos”, concluíu.

Galicia segue disparada en número de casos Covid, pero Vigo rexistra unha forte baixada

0

Galicia detectou 685 novos casos de COVID-19 por PCR en 24 horas, o que implica unha lixeira subida de 18 con respecto aos notificados un día atrás. Aínda que a área sanitaria máis afectada continúa sendo Vigo, con 168 positivos diarios, a de Lugo-Monforte-A Mariña disparouse ata os 167 debido ao brote da residencia Asilo de Vilalba, que ascende xa a 132 positivos.

Segundo se desprende dos datos actualizados na mañá deste venres na web da Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do xoves, a área lucense subiu en 116 os contaxios de coronavirus detectados nunha soa xornada.

Pola contra, Vigo anotou este venres un importante descenso de 114, ata os 168 novos positivos, mentres que na área da Coruña-Cee baixou en 20, ata os 102; e os de Pontevedra-O Salnés caeron en 17, ata os 87.

Tamén subiron os positivos, aínda que en menor medida, nas áreas de Santiago-Barbanza, con 79 positivos –12 máis que os notificados 24 horas atrás–; en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 45 –un máis–; e en Ferrol, cun total de 40 –seis máis–.

Todos estes casos confirmados parten de 6.852 PCR realizados en 24 horas –ata o total de 833.778 desde o inicio da pandemia–, o que implica que se realizaron unhas 4.000 probas menos que o día anterior. Ademais, a positividad hase case duplicado, ata o 12,2%.

Isto significa superar amplamente o limiar do 5% marcado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. De feito, todas as áreas sanitarias superan esta porcentaxe, con Lugo liderando co 26,1% de positividade, seguida de Ferrol (11,4%), Vigo (11,5%), Santiago (10,5%), Ourense (10,4%), Pontevedra (8,3%) e A Coruña (7,1%).

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos –persoas que aínda están diagnosticadas da enfermidade–, baixaron nunha ducia en toda Galicia, ata situarse este venres en 9.086. En concreto, subiron na área sanitaria de Lugo, que suma 122 pacientes de COVID e conta con 1.194, e na de Santiago, que suma 15, ata os 1.008.

Así, a área viguesa é a que rexistra máis persoas co coronavirus activo, un total de 2.380, aínda que implica unha baixada de 42 nun día. Tamén caen na área coruñesa, ata os 1.869, 19 menos.

Ademais, as vítimas mortais en Galicia con coronavirus ascenderon a 1.119 despois de que na xornada do xoves fosen comunicados 12 novos falecementos, dous deles ocorridos en residencias de anciáns.

Feijoó busca hoteis en Vigo e cidadáns lémbranlle os centros sanitarios pechados durante o seu mandato

9

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceu o pasado 18 de marzo en rolda de prensa despois de presidir unha nova reunión do Centro de Coordinación Operativa, ademais do Consello da Xunta, para detallar a habilitación de máis medidas e máis persoal para ofrecer na contención da pandemia do coronavirus.

“É necesario seguir habilitando medidas para a contención do virus, intentando aprender da experiencia doutros países e rexións”, explicou, incidindo en que este obxectivo foi o que marcou a reunión do Cecop.

Entre as medidas adoptadas no ámbito sanitario, destacou que o centro de coordinación está a definir hoteis aptos e accesibles para asumir hospitalización en caso de ser necesario. “Xa temos contactado coas 6 federacións de hostaleiros de Galicia para cotexar as dispoñibilidades dos establecementos máis adecuados, tanto por accesibilidade, como por tamaño, distribución e proximidade aos diferentes centros sanitarios máis importantes”, precisou.

A noticia non pillou por sorpresa a algúns colectivos cidadáns que pedían a utilización das infraestruturas sanitarias pechadas en Vigo.

Facebook SOS Hospital Meixoeiro

Hospital psiquiátrico do Rebullón

Hospital Psiquiátrico do Rebullón

Con capacidade para 500 camas. Reformado e reinagurado como hospital psiquiátrico en 1976, foi un hospital revolucionario no tratamento de enfermidades mentais. Non existían reixas nin camisas de forza, nin tratamentos con electroshocks. Foi pechado en xaneiro de 2016 e os últimos 70 pacientes foron reubicados no hospital Nicolás Peña.

Actualmente é utilizado como almacén con camas e material procedente do antigo Hospital Xeral Ciés de Vigo

Policlínico Cíes

Construído en 1967 e inagurado no 76 baixo o trazo do arquitecto Xosé Bar Bóo. 3700 m2 distribuidos en seis plantas, contaba con dous quirófanos operativos ata 2015. Foi pechado en novembro de 2015.

O Sergas devolveuno á Tesourería da Seguridade Social, que optou primeiro por allealo a través dunha poxa pública, cun prezo de partida de 3,5 millóns de euros. quedando deserta en maio de 2017.

Abriuse entón un prazo dun ano para a súa adxudicación directa en condicións non inferiores ás da poxa. Ninguén presentou unha oferta. Finalmente pasou a mans de Ibermutua, logo de pechar un acordo coa Seguridade Social.

Ambulatorio de Coia

Propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social, foi pechado en setembro de 2015 logo de catro décadas de servizo.

Ambulatorio de día para os residentes da zona, e centro de especialidades na súa última etapa. Acollia as consultas externas de fisoterapia, obstetricia, xinecoloxía , dermatoloxía e Centro de Orientación Familiar.

Centro Integral Traboada Leal

Construción Anexo II do antigo hospital Xeral Cíes. Antigo hospital de día pechado en 2017 e reconvertido a Centro Integral de Saúde. Integra servicios ambulatorios de atención primaria e urxencias extra-hospitalarias (PAC Vigo).

En 2008 os Anexos I e II foron reformados e contaban con: planta de rehabilitación, vestiarios, planta de urxencias pediátricas, nova zona de admisión de urxencias de adultos e pediatría, 2 boxes de urxencias (1 deles con reanimación cardio-pulmonar) , unha planta de hospital de día oncolóxico, un bloque cirúrxico de seis quirófanos cunha planta de reanimación de 21 camas, un tren de lavado, unha central de esterelización e unha unidade de fertilización inVitro.

Policlínico do Meixoeiro

Construído en 1989, sendo hospital xeral de referencia con todas as especialidades, aparte de albergar as especialidades específicas de oncoloxía e cardioloxía da área sanitaria de Vigo.

Con capacidade para 347 camas. En 2018 sindicatos e traballadores pecháronse no seu interior protestando polo peche de 150 camas, o que na totalidade supuña que a apertura do novo hospital Álvaro Cunqueiro só incrementaría a capacidade hospitalaria en 6 camas para a área de Vigo, logo de pechar o resto de centros sanitarios.

Suprimiuse camas e actividade cirúrxica desmantelando ou reducindo servizos domo Unidade de Coidados Intensivos (UCI), Reanimación (REA) onde só quedan camas de espertar, ou o Servizo de Urxencias. Outros servizos que sufriron recortes neste centro hospitalario foron os de radioloxía e traumatoloxía, a pesar de que soporta unha gran carga de traballo.

Cando as camas eran só importantes para os hoteis

A resposta do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña sobre o peche de 1200 camas hospitalarias en Galicia foi duramente contestado cando declarou que “As camas son importantes en hoteis e non tanto en hospitais” en resposta ás críticas do BNG polo peche continuado de prazas hospitalarias.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed