InicioSociedadeVÍDEO: Sen distancias nin máscaras. Así foi a derradeira noite de festa...

VÍDEO: Sen distancias nin máscaras. Así foi a derradeira noite de festa en Vigo

Indignación en redes polo vídeo gravado na madrugada do sábado na Rúa Churruca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A historia repítese unha vez máis. De novo unha rúa estreita e a media luz, de novo unha multitude de mozos incumprindo as distancias de seguridade e demais recomendacións sanitarias. Esa é a estampa do vídeo gravado na viguesa Rúa Churruca que dende hai unhas horas circula por Twitter, para indignación e crítica dos usuarios.

A escea, rexistrada -segundo a conta que a publica- na madrugada do sábado ao domingo, foi capturada pouco despois de que os locais de ocio nocturno baixaran a persiana de acordo coa normativa impulsada pola Xunta para tentar controlar a expansión da covid. 

Tamén en relación coas normas da Xunta, este sábado foi o último -ata novo aviso- no que os locais nocturnos puideron permanecer abertos, xa que a regulación autonómica -xunto co Ministerio de Sanidade- xa decretou o peche de pubs e locais de copas, en vigor dende a madrugada do domingo ó luns. A escea rexistrada en Vigo levantou a indignación dos usuarios da rede social, que emitiron duras críticas contra a conduta dos mozos.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...