InicioSociedadeA Marea de Vigo reclama a adhesión de Vigo á Rede de...

A Marea de Vigo reclama a adhesión de Vigo á Rede de Entidades locais para a Axenda 2030

"Non é entendible que Vigo aínda non estea adherido a estas alturas, tendo ademais a presidencia da FEMP", apunta Oriana Méndez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Marea de Vigo reclamou a adhesión da cidade olívica á Rede de Entidades locais para a Axenda 2030, co obxectivo de dar resposta á “necesidade de levar a cabo políticas que aposten pola sustentabilidade e a defensa do medioambiente na cidade”.

A concelleira Oriana Méndez subliñou que “non ten sentido que Vigo, que lidera a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), non forme parte dos municipios adheridos” a esta rede para a implementación local dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Así as cousas, lembrou que forman parte desta rede os gobernos locais que se comprometen a localizar e implementar os ODS da Axenda 2030 de forma transversal nas políticas públicas municipais. “Non é entendible que Vigo aínda non estea adherido a estas alturas, tendo ademais a presidencia da FEMP”, selou.

Segundo indicou, coa súa adhesión á rede o Goberno local “comprométese a determinar un conxunto de actuacións, que deberán incorporarse a un Plan de Actuación ou Estratexia Local que inclúa unha análise de situación e un plan de localización e implementación dos ODS da Axenda 2030”.

“Sería amplamente positivo para Vigo formar parte desta rede, estando a súa actividade dirixida a favorecer a coordinación de actuacións entre os gobernos locais, permitindo alcanzar mellores resultados na implementación destes obxectivos”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...