InicioCulturaCangas cita aos mellores hosteleiros da vila para a Feira da Tapa...

Cangas cita aos mellores hosteleiros da vila para a Feira da Tapa deste verán

PUBLICADO O

- Advertisement -

De cara a organización da FEIRA DA TAPA 2018, o Concello de Cangas convoca a tódolos hostaleiros que desexen participar na mesma, a unha xuntanza o venres día 25 de maio ás 17:30 horas no Salón de Plenos do Concello.

Este ano celebrarase a Feira da Tapa do 28 de xuño ao 8 de xullo. Os hostaleiros
que participen teñen como data límite para formalizar a súa inscrición ata o mércores 6 de xuño nas Oficinas de Turismo do Concello, como se ven facendo nos últimos anos.

Como principal novidade, este ano os establecementos poderán participar na
modalidade de “Tapa”, de “Elaboración especial”, ou en ámbalas dúas.

Na xuntanza deste venres, farase entrega das Bases de Participación e da Folla de
Inscrición na Feira da Tapa 2018. Ambos documentos poderanse adquirir tamén nos
vindeiros días nas Oficinas de Turismo do Concello.

Animan dende o Concello a participar nesta edición a todos os establecementos hostaleiros de Cangas, polo que sería importante a asistencia a esta xuntanza para ampliar toda a
información e aclarar posibles dúbidas.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...