O Concello de Salceda recibirá, ao longo da vindeira semana, 5.000 máscaras homologadas cuxa compra xestionouse con distintos provedores durante estas dúas últimas semanas.
Na mesma liña o conello solicitou á Vicepresidencia da Xunta de Galicia outro lote de 4.500 máscaras coa mesma finalidade.
“A adquisición destas 9.500 unidades de máscaras de protección faise para o momento en que se comecen a flexibilizar as medidas do estado de alarma e a veciñanza poida saír, de xeito controlado, ás rúas, e as autoridades sanitarias establezan a recomendación ou obrigatoriedade de empregalas, atendendo deste xeito aos 9.170 veciños e veciñas de Salceda. Ata agora atendéronse a aquelas persoas que pola súa actividade e exposición precisan unha especial protección”. sinala a alcaldesa.
Este novo lote súmase ao lotes anteriores de 3.000 máscaras que o concello adquiriu e puxo a disposición de protección civil, policía local, traballadoras do servizo de axuda no fogar, persoal de recollida de lixo e servizos de mantemento, persoal sanitario e das residencias de maiores, e o outra partida con 1000 máscaras para traballadores/as e autónomos/as.
O Concello de Salceda lembra que a día de hoxe segue vixente o estado de alarma e as persoas que teñen que permanecer nos seus domicilios non precisan deste tipo de protección.
“As múltiples noticias sobre reparto masivo de máscaras ás que estamos asistindo nas últimas semanas, conlevan o serio risco de que a poboación sinta unha falsa sensación de seguridade por levar unha mascarilla, esquecendo as medidas fundamentais que realmente garanten a seguridade: manter a distancia social mínima e extremar as medidas de hixiene, pois a día de hoxe ningún organismo sanitario estableceu a obrigatoriedade (nin sequera a recomendación) do emprego masivo de mascarillas por parte da cidadanía. ” sinalan dende o Concello
O goberno local non descarta un “reparto masivo porta a porta por parte de numerosas persoas” se as condiciósn de seguridade o permiten.
O alcalde Vigo, Abel Caballero, denunciou que o Goberno central que presidía Mariano Rajoy “deixou caducar” o informe de impacto ambiental do túnel da autovía que conecta Vigo con Porriño, a A-55, e que, á súa vez, desemboca na autovía que une á cidade olívica con Madrid, a A-52.
Nunha rolda de prensa celebrada este martes en Vigo, o rexedor asegurou que coñeceu esta información este luns en Madrid, onde se reuniu co secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura. Así, lamentou o feito de que haxa que realizar este estudo de novo e, quizais, de acordo con “requisitos máis severos”.
O obxectivo deste túnel é salvar as curvas dun punto negro de concentración de accidentes situado no termo municipal de Mos (Pontevedra) e que rexistra velocidades máximas de 60 quilómetros por hora.
Por outra banda, o alcalde referiuse a as declaracións da portavoz do PP local, Eleña Muñoz, quen criticou a súa reunión con Saura e asegurou que só reflectiu “unha foto baleira”. Mentres, Caballero subliñou o acordo conseguido para a rehabilitación da Muralla do Castro.
Ademais, Muñoz acusou ao rexedor de “plaxiar” os proxectos que os gobernos do PP deixaron “canalizados”, como a humanización da avenida de Madrid. Respecto diso, o alcalde incidiu en que o orzamento inicial para esta actuación, que era de 10 millóns de euros, incrementouse e alcanzará os 14,4 millóns de euros.
Abel Caballero sinalou que dous terzos do custo serán asumidos polo Ministerio de Fomento, mentres que o Concello asumirá o terzo restante e será o encargado de licitar a obra.
Fotografía e xénero: análise de imaxes contra a desigualdade e Elaboración de pan artesán con ‘formento’. Estas son as grandes novidades da nova oferta de obradoiros da Universidade de Vigo.
Nove propostas formativas nas que se combinan novas propostas coas que chamar a atención da comunidade universitaria e demais persoas interesadas, con outras suxestións máis tradicionais con público asegurado, como teatro ou música tradicional, ou outras alternativas que, dado o seu éxito, repiten ano tras ano (iniciación á maxia, identificación práctica de cogomelos, horta ecolóxica…). O ano pasado pasaron por estes talleres máis de 200 persoas e a previsión é igualar ou superar esta cifra.
Publicidade/ Photopin
Impartido pola docente Amada Traba e a fotógrafa Natalia González Devesa, o obradoiro Fotografía e xénero: análise de imaxes contra a desigualdade ensinará ás persoas asistentes a empregar a fotografía e os medios audiovisuais como ferramentas de análise da realidade de xénero, e como se usan as imaxes para perpetuar estereotipos femininos e masculinos.
Para conseguilo analizarase o tratamento da imaxe de xénero na publicidade, no cine e na prensa, así como a evolución destas imaxes na historia da fotografía. Cun límite de 20 prazas e unha duración de 30 horas, as clases serán os luns e martes de 17.00 a 19.00 horas na EU de Estudos Empresarias.
Publicidade/ Photopin
O obradoiro Elaboración de pan artesán con ‘formento’ correrá a cargo de César Lema, docente noutras edicións dos talleres sobre plantas silvestres comestibles, e Sofía Armenteros.
O obxectivo é aprender a elaborar pan de maneira artesán empregando o ‘formento’ ou fermento, “o que en castelán se coñece como ‘levadura madre’ e que non hai que confundir coa masa nai”, explican os responsables do curso.
O obradoiro constará dunha parte teórica, na que se falará, entre outros aspectos, dos diferentes cereais e pseudocereais, as súas propiedades, as avantaxas de empregar o fermento en lugar do lévedo prensado de panadería, as diferentes fariñas ou as propiedades nutritivas dun pan ben feito de forma artesanal; e unha parte práctica de elaboración (autólises, mestura, repouso, amasado, fermentacións, boleado, formado e cocción) de pans dos diferentes cereais, pseudocereais e fariñas de plantas silvestres e landras. A cita será neste caso todos os mércores pola tarde na sala 2 do edificio Miralles a partires do 10 de outubro.
Se ben xa se ofertou noutras ocasións –aínda que non chegou a impartirse por non contar con suficientes persoas matriculadas-, este outono recupérase tamén o curso Estratexias para a composición escrita, unha iniciativa que se levará a cabo na Facultade de Filoloxía e Tradución a cargo da docente María Suárez e co que se busca mellorar a comprensión e a produción escritas en contextos académicos, sociais e científicos, así como aprender a redactar textos en función do receptor ao que se destina.
Seguindo na liña de revalorización do natural e dos produtos locais, regresa tamén este outono o obradoiro Cosmética natural aproveitando a contorna, unha proposta que xa se realizou noutras ocasións con notable éxito e que se vai alternando co taller de plantas comestibles. Da man de Patricia Puga, o programa combinará as saídas de campo coa elaboración de macerados, tinturas medicinais, xabóns, ungüentos, pastas de dentes…
Alumnas nun obradoiro de agricultura ecolóxica/ Duvi
Outro clásico é o de agricultura ecolóxica, que chega de novo da man de Jacobo Ojea e que combinará as clases de carácter máis teórico coas prácticas na horta que está situada detrás do Cinbio; e o de Identificación práctica de cogomelos, no que, o alumnado realizará cada día saídas polo campus para recoller e manipular cogomelos ‘in situ’ para despois identificalos na aula.
As persoas interesadas en matricularse nalgunha destas nove propostas debe facelo na plataforma Culturxest antes do vindeiro xoves 4 de outubro. O prezo é de 26 euros para persoas da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral e, ao remate de cada un dos obradoiros entregarase un diploma acreditativo con recoñecemento de un crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.
A concellería de Ensino e Participación Cidadá de Ponteareas abre fronteiras para que as trinta Meninas realizadas por colectivos e centros de ensino de toda a área metropolitana expoñan a súa beleza e creatividade nos diferentes concellos veciños.
Organizadas por quendas, as Meninas visitarán os concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, Salceda, Covelo, As Neves, A Cañiza e O Porriño. En Ponteareas estarán
para engalanar a nosa prezada festa dos Remedios.
Grazas a colaboración do concello de Mondariz, esta semana as Meninas de Ponteareas estarán ata o 18 de xuño expostas na praza de abastos, no centro social, no concello e na biblioteca para que todos os veciños poidan desfrutar destas obras de arte realizadas na súa maior parte con materiais de refugallo.
O Alcalde de Mondariz, Juan Carlos Montes, salienta a beleza das pezas e felicita á concelleira de Ensino por esta iniciativa que crece, ano tras ano, permitindo agora que
o resto dos concellos da contorna poidan non so desfrutala se non tamén ser partícipes de xeito activo como no caso do CEIP de Mondariz que aportou unha singular e orixinal Menina atrapada nunha botella.
O proxecto “Flores para as Meninas” creado pola profesora Pilar Gallego e dirixido dende a concellería de Ensino de Ponteareas, contouse coa colaboración de toda a comunidade educativa e distintos colectivos que agasallaron estas pezas para que logo puideran ser patrocinadas e donados os cartos conseguidos a unha entidade sen ánimo de lucro que este ano foi a asociación Avelaíña de axuda a persoas con enfermidades mentais.
Este traballo en equipo, exemplo de participación e xenerosidade, pon o seu punto
final con esta exposición itinerante que retornará a Ponteareas a finais do mes de
setembro para ser entregadas aos seus patrocinadores que altruistamente as ceden
para ser amosadas ao grande público.
Manuel Rodríguez Vázquez, dono do grupo Rodman (de construción naval), anunciou a presentación da súa candidatura para presidir o Círculo de Empresarios de Galicia, que abriu o proceso para renovar a súa xunta directiva, tras esgotarse o mandato de Patricia García.
A través dun comunicado, o empresario vigués confirmou que reúne os requisitos para postularse ao cargo (é socio da organización empresarial desde 1997 e conta cos avais necesarios) e que, por tanto, optará a ser elixido na asemblea extraordinaria convocada para o próximo 29 de setembro.
Así mesmo, tamén deu a coñecer ás persoas que o acompañan na candidatura, entre as que figuran, como vicepresidentes, Josefina Fernández Miguélez (conselleira delegada de DomusVi) e Víctor do Canto (presidente da construtora Civis Global).
A lista complétase con Alberto Rocha (secretario), Enrique González (tesoureiro), Emilio Pérez Neto, Patricia García, María Borrar, Salvador Fernández-Alvariño, María Mouriño, Luís Beraza, Enrique García Chillón e Juan Güell (vogais).
Manuel Rodríguez é o presidente do Grupo Rodman, que integra as divisións MetalShips&Docks, cun estaleiro en Vigo para a construción de buques de aceiro; Rodman Polyships, que constrúe en embarcacións de recreo e patrulleiras de poliéster e semirrígidas en Moaña, e Neuvisa dedicada ás embarcacións neumáticas.
A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 19 anos de cárcere a un home que tentou asasinar á súa muller o mesmo día no que chegaron a un acordo sobre o procedemento de divorcio.
Os maxistrados consideran acreditado que o sospeitoso, que tiña vixente unha orde de afastamento da vítima e do seu domicilio, situado no municipio de Ponteareas, accedeu o 15 de xaneiro de 2020 ao anexo da casa, onde permaneceu ata que entrou a súa exmuller e atacouna cun obxecto contundente metálico similar a un machete ou atizador coa intención de causarlle a morte.
O tribunal asegura que a golpeou na cabeza “sen previo aviso”, de forma que a vítima careceu de posibilidade de evitar o golpe. Ademais, o sospeitoso, unha vez que a súa exesposa caeu ao chan, “seguiu golpeándoa reiteradamente co obxecto contundente que portaba”.
Os berros alertaron ao fillo do matrimonio, que estaba na vivenda e acudiu en auxilio da súa nai. Cando viu que estaba no chan e o seu pai a golpeaba, volveu a casa e colleu unhas tesoiras para defendela, pero ao saír do inmoble, o seu pai golpeono na cabeza co mesmo obxecto co que atacara á súa nai.
Tras tirar ao seu fillo ao chan, produciuse un forcejeo e o afectado saíu a pedir axuda, polo que o seu pai abandonou o lugar dos feitos. O acusado foi condenado como autor dun delito de asasinato en grao de tentativa, coa agravante de parentesco e de xénero, así como por un delito de lesións e outro de quebrantamento de condena.
Ademais da pena de prisión, a Audiencia impúxolle o pago dunha indemnización de 47.000 euros ao seu exmuller, así como 15.500 euros para o seu fillo polas lesións, debido aos días de curación, as secuelas e o dano moral que lles causou. Contra este fallo, con data de 16 de xullo de 2021, cabe recurso de apelación ante o Supremo.
Unha xornada máis a covid sen dar tregua nas UCI dos hospitais galegos. Desta volta, o Sergas informa da morte nas últimas 24 horas de dez novos pacientes, tres deles usuarios de residencias de anciáns. Todos eles tiñan patoloxías previas. Con estes son xa 1.659 os falecidos polo coronavirus desde que iniciou a pandemia.
Nesta última xornada a zona houbo decesos en Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Carballo, Arzúa e Ribeira. Así, no Chuvi morreu unha muller de 88 anos, mentres que no Chuac da Coruña, un home de 88 e unha muller de 80.
Tamén houbo dous falecidos no Chuf de Ferrol, dous homes de 72 e 69 anos e outros dous no Chuo de Ourense, tamén dous homes de 93 e 85 anos.
En canto a centros sociosanitarios, a Xunta informa de tres mortes; a dunha muller de 84 anos na Residencia DomusVi de Carballo, a doutra muller de 79 anos na Residencia San José de Arzúa e tamén outra anciá de 84 anos na Residencia Integrada CEGADI que procedía da Residencia DomusVI de Ribeira.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
A ‘Guía de actuación para realizar os exames presenciais’ da Universidade de Vigo (UVigo) estipulou que as probas deberán ser postas en corentena despois de que os alumnos as realicen e abandonen as salas nas que as levasen a cabo.
Segundo trasladou a universidade, o documento publicado este luns foi elaborado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais de acordo coas recomendacións do Ministerio de Sanidade e aplicarase durante as probas de avaliación que se realicen de modo presencial.
Deste xeito, lémbrase a obrigatoriedade do uso de máscara e do mantemento da distancia de seguridade nas filas de acceso ás aulas e saída das mesmas. Ademais, non se permitirá o mantemento de conversacións nas zonas de tránsito e deberanse evitar as aglomeracións nas portas.
Para reducir o tempo de permanencia nas aulas, os exames deberán estar colocados nas mesas antes da entrada dos alumnos, que, xunto aos docentes, deberán utilizar desinfectante cando accedan ás salas. Ademais, non estará permitido o intercambio de efectos como calculadoras ou bolígrafos.
Posteriormente, os exames permanecerán nos postos ocupados polos estudantes ata a saída dos mesmos, tras o que o profesorado deberá recollelos, para o que poderá empregar luvas. As probas deberán almacenarse nunha caixa e deixarse en corentena para cumprir as indicacións do Ministerio de Sanidade, que sinala que se deixa de detectar o virus na superficie do papel tras tres horas.
Adicionalmente, a guía publicada inclúe un apartado no que recalca que a súa eficacia estará vinculada á colaboración e o compromiso das persoas involucradas na realización das probas.
O condutor dunha motocicleta faleceu este xoves nun accidente rexistrado ao chocar cun turismo no termo municipal de Cangas (Pontevedra).
Segundo informou fontes da Garda Civil, este sinistro tivo lugar no quilómetro 9,500 da estrada PO-315, que une Bueu e Cangas, sentido o primeiro municipio.
En concreto, consistiu na colisión da motocicleta e un turismo que “se incorporaba á vía onde circulaba a motocicleta con prioridade”, apuntaron as mesmas fontes, que engadiron que a moto “circulaba de maneira illada”.
Por parte do 112 Galicia sinalaron a Europa Press que, tras recibir o aviso uns minutos pasadas as 14,15 horas deste xoves, informou ao 061, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.
Ao lugar do sinistro o 061 enviou un helicóptero medicalizado para atender ao único ocupante da motocicleta, un home que faleceu, e ao condutor do turismo, un home, que resultou ferido leve.