InicioEconomíaAbel Caballero acusa a Rajoy de deixar no caixón o túnel da...

Abel Caballero acusa a Rajoy de deixar no caixón o túnel da A-55

Sería para desconxestionar un punto negro de accidentes da Autovía Vigo-O Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde Vigo, Abel Caballero, denunciou que o Goberno central que presidía Mariano Rajoy “deixou caducar” o informe de impacto ambiental do túnel da autovía que conecta Vigo con Porriño, a A-55, e que, á súa vez, desemboca na autovía que une á cidade olívica con Madrid, a A-52.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes en Vigo, o rexedor asegurou que coñeceu esta información este luns en Madrid, onde se reuniu co secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura. Así, lamentou o feito de que haxa que realizar este estudo de novo e, quizais, de acordo con “requisitos máis severos”.

O obxectivo deste túnel é salvar as curvas dun punto negro de concentración de accidentes situado no termo municipal de Mos (Pontevedra) e que rexistra velocidades máximas de 60 quilómetros por hora.

Por outra banda, o alcalde referiuse a as declaracións da portavoz do PP local, Eleña Muñoz, quen criticou a súa reunión con Saura e asegurou que só reflectiu “unha foto baleira”. Mentres, Caballero subliñou o acordo conseguido para a rehabilitación da Muralla do Castro.

Ademais, Muñoz acusou ao rexedor de “plaxiar” os proxectos que os gobernos do PP deixaron “canalizados”, como a humanización da avenida de Madrid. Respecto diso, o alcalde incidiu en que o orzamento inicial para esta actuación, que era de 10 millóns de euros, incrementouse e alcanzará os 14,4 millóns de euros.

Abel Caballero sinalou que dous terzos do custo serán asumidos polo Ministerio de Fomento, mentres que o Concello asumirá o terzo restante e será o encargado de licitar a obra.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...