InicioSen categorizarConcello de Salceda repartirá 5000 máscaras entre os seus veciños

Concello de Salceda repartirá 5000 máscaras entre os seus veciños

O Equipo de Goberno tamén solicitou da xunta de Galicia outras 4.500 coa mesma finalidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Salceda recibirá, ao longo da vindeira semana, 5.000 máscaras homologadas cuxa compra xestionouse con distintos provedores durante estas dúas últimas semanas.

Na mesma liña o conello solicitou á Vicepresidencia da Xunta de Galicia outro lote de 4.500 máscaras coa mesma finalidade.

“A adquisición destas 9.500 unidades de máscaras de protección faise para o momento en que se comecen a flexibilizar as medidas do estado de alarma e a veciñanza poida saír, de xeito controlado, ás rúas, e as autoridades sanitarias establezan a recomendación ou obrigatoriedade de empregalas, atendendo deste xeito aos 9.170 veciños e veciñas de Salceda. Ata agora atendéronse a aquelas persoas que pola súa actividade e exposición precisan unha especial protección”. sinala a alcaldesa.

Este novo lote súmase ao lotes anteriores de 3.000 máscaras que o concello adquiriu e puxo a disposición de protección civil, policía local, traballadoras do servizo de axuda no fogar, persoal de recollida de lixo e servizos de mantemento, persoal sanitario e das residencias de maiores, e o outra partida con 1000 máscaras para traballadores/as e autónomos/as.

O Concello de Salceda lembra que a día de hoxe segue vixente o estado de alarma e as persoas que teñen que permanecer nos seus domicilios non precisan deste tipo de protección.

“As múltiples noticias sobre reparto masivo de máscaras ás que estamos asistindo nas últimas semanas, conlevan o serio risco de que a poboación sinta unha falsa sensación de seguridade por levar unha mascarilla, esquecendo as medidas fundamentais que realmente garanten a seguridade: manter a distancia social mínima e extremar as medidas de hixiene, pois a día de hoxe ningún organismo sanitario estableceu a obrigatoriedade (nin sequera a recomendación) do emprego masivo de mascarillas por parte da cidadanía. ” sinalan dende o Concello

O goberno local non descarta un “reparto masivo porta a porta por parte de numerosas persoas” se as condiciósn de seguridade o permiten.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...