InicioSociedadeUn novo falecido pola Covid en Vigo

Un novo falecido pola Covid en Vigo

Morreu no Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha xornada máis a covid sen dar tregua nas UCI dos hospitais galegos. Desta volta, o Sergas informa da morte nas últimas 24 horas de dez novos pacientes, tres deles usuarios de residencias de anciáns. Todos eles tiñan patoloxías previas. Con estes son xa 1.659 os falecidos polo coronavirus desde que iniciou a pandemia.

Nesta última xornada a zona houbo decesos en Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Carballo, Arzúa e Ribeira. Así, no Chuvi morreu unha muller de 88 anos, mentres que no Chuac da Coruña, un home de 88 e unha muller de 80.

Tamén houbo dous falecidos no Chuf de Ferrol, dous homes de 72 e 69 anos e outros dous no Chuo de Ourense, tamén dous homes de 93 e 85 anos.

En canto a centros sociosanitarios, a Xunta informa de tres mortes; a dunha muller de 84 anos na Residencia DomusVi de Carballo, a doutra muller de 79 anos na Residencia San José de Arzúa e tamén outra anciá de 84 anos na Residencia Integrada CEGADI que procedía da Residencia DomusVI de Ribeira.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...