InicioMovementos SociaisTraballadores de Correos concéntranse contra a "sobrecarga de traballo"

Traballadores de Correos concéntranse contra a “sobrecarga de traballo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Empregados de Correos levaron as súas protestas contra a “sobrecarga de traballo” e as súas condicións laborais ata a comarca pontevedresa de Val Miñor. Este luns, houbo concentracións nas oficinas da Ramallosa, en Nigrán, que tamén dan servizo ao municipio de Baiona.

Segundo denuncia CSIF, que promove este calendario de mobilizacións xunto con outras organizacións sindicais, nesta comarca a poboación duplícase ” durante os meses do verán, “sen que se produza un reforzo do persoal equivalente”. A portavoz de CSIF, Patricia Igrexas, tamén relata as “pésimas condicións” nas que traba o persoal destas oficinas, que denuncian que reciben “permanentemente os avisos de solicitudes de recollida nos seus móbiles particulares” e que “non dispoñen de fontes de auga” nos centros laborais pese á calor que rexistran no verán.

Ademais, Igrexas denuncia situacións de déficit de persoal “por non cubrirse baixas”. Trátase dunha “política de recortes” que afecta a 15 das 29 seccións de Correos das que dispón Val Miñor.

ÚLTIMAS

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Piden 4 anos e medio de cárcere para a edil de Seguridade de Vigo polo caso Saltamontes

As acusacións particulares do chamado caso Saltamontes de Vigo, que representan aos pais e...

Un baionés recolle 60.000 sinaturas para esixir ao Goberno e a UE a obriga de introducir sensores antiabandono nas sillas infantís

Despois do falecemento de outra nena de dous anos este fin de semana en...