InicioMovementos SociaisEstes son os lugares da memoria histórica en Vigo

Estes son os lugares da memoria histórica en Vigo

Grazas a colaboración económica da Deputación de Pontevedra, 300 pens drive cos 15 microreportaxes que compoñen documental serán distribuidos a colexios, bibliotecas e ao tecido asociativo en xeral da comarca de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O documental “Falando de Memoria” consta de 15 microreportaxes que queren ser unha homenaxe aos homes e mulleres que sufriron cárcere, rapina, tortura, exilio ou morte por defenderen as liberdades públicas, a democracia e a República defronte o golpe de estado de xullo de 1936 e o fascismo.

“Este documento audiovisual é imprescindíbel para calquera sociedade democrática. Necesitamos  manter viva a lembranza das represariadas contra o esquecemento, para alumarmos un tempo histórico que ficou agochado e silenciado premeditadamente durante a longa noite de pedra da ditadura franquista”, explicou Cristóbal López, realizador do documental.

“O documental levanos por 15 lugares de memoria de Vigo e de parte da súa bisbarra. Un traballo de cartagrofiado da brutal represión que sufriu a poboación viguesa polo mero feito de ser demócrata” apuntou Celso Lopez Pazos, presidente da Asemblea Republicana de Vigo. 

Grazas a colaboración económica da Deputación de Pontevedra, 300 pens drive cos 15 microreportaxes que compoñen documental serán distribuidos a colexios, bibliotecas e ao tecido asociativo en xeral da comarca de Vigo.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...