InicioMedio Ambiente e PatrimonioBeade en contra do novo vial que vai unir a A-55 coa...

Beade en contra do novo vial que vai unir a A-55 coa estrada Clara Campoamor

Hoxe terá lugar a Asamblea da plataforma AVIBE ( afectados polo vial de Beade proxectado no novo PXOM) ás 19.30 horas no Centro Cultural de Beade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 50 veciños da parroquia de Beade uníronse para loitar contra o novo vial que está proxectado no novo PXOM que conectará a A-55 coa estrada Clara Campoamor.

Este vial é de alta capacidade e pretende mellorar as conexións con PSA pero vai destrozar familias e unha parroquia como Beade. Ademais este vial non conta con accesos para os veciños polo que sufrirán unha contaminación acústica e ambiental.

Trátase, din, dunha “aberración medioambiental” que vai a destrozar o Río Eifonso e o Río Barxa ademais dun dos poucos pulmóns verdes que quedan en Vigo como é o Monte da Serra.

Por último, lembran, este vial proxectouse sen usar os mapas actualizados correspondentes polo que non recolle a situación urbanística real da zona ademais de levar consigo a recalificación de terreos que pasarán de ser urbanos a ser rústicos.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...