InicioMedio Ambiente e PatrimonioComeza a polémica talla de 85 árbores en Vigo

Comeza a polémica talla de 85 árbores en Vigo

O Concello argúe que o seu "mal estado" supón "un risco para a seguridade cidadá".

PUBLICADO O

O Concello de Vigo comeza este luns a retirar progresivamente as árbores en mal estado mediante unha tala masiva en diferentes zonas da cidade, segundo informou este domingo.

Trátase dun tileiro na contorna do Colexio Vicente Risco, oito castaños de indias na rúa Manuel Olivié, sete piñeiros no Camiño das Fontes, en Samil; 38 chopos na pradería de Samil e 31 olmos no bulevar de Gran Vía sur.

Segundo sinala a Concellería de Parques e Xardíns, trátase de exemplares en mal estado enfermos ou secos e enraizados en chans que “non son os mellores” para estas especies, polo que supoñen “un risco para a seguridade cidadá”. Así o acreditan informes técnicos que “recomendan a súa substitución a curto, medio e longo prazo”, esgrimen desde a corporación local.

O goberno municipal de Vigo asegura que se tomarán todas as medidas preventivas recomendadas polos técnicos para garantir a seguridade cidadá.

A retirada ou talla de árbores da cidade xerou o ano pasado en Vigo unha importante polémica cando o Concello decidiu retirar vellos exemplares de castiñeiros de indias da Gran Vía para emprender a súa humanización.

Veciños e asociacións ecoloxistas trataron de frear a talla dos exemplares que o Concello xustificou asegurando que estaban podrecidos e eran un perigo para os viandantes.

O pasado xaneiro a comisión de peticións da Unión Europea admitiu a trámite unha denuncia pola talla desas árbores presentada por Marea de Vigo, que a entende incompatible co feito de que se sufrague con fondos europeos para a sustentabilidade ambiental.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...