InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Concello de Vigo denuncia xudicialmente o dano causado no monumento a...

O Concello de Vigo denuncia xudicialmente o dano causado no monumento a Elduayen

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo denunciará nos xulgados os danos causados no monumento a José Elduayen, froito de “un acto de vandalismo“, segundo avanzou este martes o alcalde olívico, Abel Caballero.

O rexedor confirmou, en declaracións aos medios, que a Policía Local iniciou “investigacións” para tratar de localizar ao responsable ou responsables das desfeitas causadas nunha das figuras de bronce do monumento, que se atopa nos xardíns de Montero Ríos.

Segundo incidiu, estes danos ao patrimonio artístico “non son un efecto do botellón”, senón un acto de “vandalismo” do que teñen que responder os seus autores diante dos xuíces. “Son xente carente de sentido común, que están na raia da delincuencia”, lamentou o alcalde.

ÚLTIMAS

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño...

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

Caballero celebra o “éxito” das axudas ao alugueiro accesible en Vigo con seis beneficiarios

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou o "éxito" do programa municipal de rehabilitación...