InicioMedio Ambiente e PatrimonioA "vertedura contaminante" da cidade deportiva do Celta chega á Fiscalía

A “vertedura contaminante” da cidade deportiva do Celta chega á Fiscalía

Ecoloxistas en Acción piden que se abran dilixencias penais contra o Celta por un suposto delito conta o medio ambiente e contra a saúde pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción presentou denuncia ante a Fiscalía de Vigo solicitando que se abran dilixencias penais contra o Celta por un suposto delito conta o medio ambiente e contra a saúde pública, debido a unha “vertedura contaminante” procedente das instalacións deportivas do club en Mos.

A organización denunciou a existencia desta vertedura hai semanas, e asegurou que as augas procedentes da cidade deportiva conteñen tóxicos que se están vertiendo nas proximidades de traídas de auga veciñais das parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda. Ecoloxistas en Acción puxo estes feitos tamén en coñecemento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS).

Segundo sinalou, o resultado das análiticas que encargaron a un laboratorio “reflicte unha altísima concentración de fecais e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados a pesticidas e fertilizantes habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol”.

CONCELLO DE MOS

Cando a organización ecoloxista fixo pública a súa denuncia, o goberno municipal de Mos anunciou a realización de estudos pola súa banda, e acusou a Ecoloxistas de xerar “alarma” con intención política. Días despois, fontes municipais comunicaron que as analíticas realizadas por un laboratorio acreditado deron “un resultado óptimo, conforme á legalidade vixente”.

A entidade ecoloxista sinalou que a posición do goberno local non fai se non confirmar a súa denuncia, porque o Concello “recoñece xa que a tubaxe procede das instalacións do Celta“. Trátase, explicaron, dun emisario do aliviadoiro dunha cuba de recollida de augas residuais das regas”. Para a organización, “isto demostra que a vertedura non é inocua” e a propia CHMS “confirmou que a vertedura carece de autorización”, polo que abriu un expediente de investigación.

“A vertedura contaminante procedente de Afouteza é claramente un delito contra o ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública. A poucos metros, ladeira abaixo da vertedura, atópanse varios mananciais das traídas de augas, que corren un grave risco de contaminarse, se non o están xa“, advertiu Xaquín Pastoriza, desde Ecoloxistas en Acción. Finalmente, esta organización negou a validez da analítica encargada polo Concello, porque “se fixo días despois” de que se fixese pública a denuncia, cando o caudal da vertedura era moito menor que días anteriores.

ÚLTIMAS

Atopan unha nova alga moi invasora na ría de Vigo

O grupo de investigación BioCost, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade...

Revogado o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sustentable da Uvigo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a orde coas revogacións dun...

Cae un mozo 22 anos desde un tellado mentres contemplaba os lumes de Bouzas

Un mozo de 22 anos, con iniciais M.B.G., tivo que ser trasladado polos servizos...

O Concello de Vigo pide explicacións á RFEF sobre os criterios de selección das sedes do Mundial 2030

O Concello de Vigo remitiu unha carta á Real Federación Española de Fútbol (RFEF)...