InicioVigo e contornaMosUn documental para lembrar a loita do Tameiga contra a cidade deportiva...

Un documental para lembrar a loita do Tameiga contra a cidade deportiva do Celta

A Comunidade de Montes conseguiu botar abaixo o proxecto por múltiples irregularidades logo de catro anos de loita.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Vigo é coñecida en Galicia polas súas múltiples historias de mobilización veciñal. O episodio de máis sona dos últimos anos podería vir da Comunidade de Montes do Tameiga, que poucos meses atrás pechou un auténtico combate de David contra Goliat ao lograr botar abaixo o proxecto da nova cidade deportiva do Celta, Afouteza.

A loita dos comuneiros do Tameiga, tratada ao longo do tempo por este xornal, queda agora retratada para a posteridade da longametraxe Tameiga, 4 anos de resistencia veciñal, que vén de elaborar a plataforma Ecoloxistas en Acción e que será presentado o vindeiro sábado 16 no auditorio do centro social As Pedriñas.

O documental, producido por Ecoloxistas en Acción e realizado por Urco Produccións, narra os catro anos da loita dos comuneiros de Tameiga para “defender” o seu monte, como apuntan dende a asociación ecoloxista. A historia abrangue desde finais de decembro do anos 2017 cando Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, anunciaba o proxecto de cidade deportiva e “macro centro comercial” como “un feito consumado” ata a actualidade, na que a Xustiza declarou ilegal a cidade deportiva e diferentes organismos públicos informaron desfavorablemente sobre os plans para construir as instalacións nos montes comunais de Tameiga.

A narración do largometraxe, subliñan dende a plataforma, aborda a historia de xeito cronolóxico e vai construindo o relato do sucedido mediante entrevistas aos membros das directivas das asociacións que forman a Plataforma A auga é vida, as forzas políticas que denunciaron o “pelotazo urbanístico” e a integrantes da propia Ecoloxistas en Acción vinculados coa loita da veciñanza comuneira por preservar o monte. No documental rescátanse antigas imaxes das mobilizacións que resultan mesturadas coas entrevistas.

“Coa realización desta testemuña audiovisual, Ecoloxistas en Acción pretende destacar a exemplar loita pola defensa do ben común da veciñanza de Tameiga para que a súa afouteza e tesón sexan inspiradoras para a veciñanza doutros lugares onde o ben común está ameazado pola cobiza duns poucos”.

O vindeiro sábado realizaranse dous pases, ás 18 proxección exclusivamente para a veciñanza comuneira e ás 20h para persoas e colectivos convidados. Ao remate de cada proxección terá lugar unha pequena charla para recoller as impresións dos asistentes.

ÚLTIMAS

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...

Buscan a unha muller de 53 anos desaparecida en Vigo desde o pasado martes

A asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición, en Vigo, de María Milagres...