InicioSociedadeBaixan a 77 os casos activos e alíviase lixeiramente a presión hospitalaria

Baixan a 77 os casos activos e alíviase lixeiramente a presión hospitalaria

A área sanitaria viguesa suma seis novos contaxios.

PUBLICADO O

Os pacientes hospitalizados en Galicia pola Covid-19 descenden a 29, mentres que os casos activos baixan a 421 tras dous días de lixeiros incrementos, así como os novos contaxios, que caen a 28. Por contra, a taxa de positividade aumenta a un 1,09 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI mantéñense en oito e descenden a 21 as ingresadas noutras unidades –dúas menos–, mentres que 392 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta unicamente na de Ferrol que, aínda que segue sen pacientes Covid en UCI, rexistra dúas noutras unidades –unha máis–; mentres que se alivia nas da Coruña e Cee; Pontevedra e O Salnés e Vigo. Nas outras tres non hai cambios.

Deste xeito, na área da Coruña e Cee continúan tres pacientes Covid en UCI e baixan a oito os ingresados noutras unidades –un menos–; na de Vigo segue un en críticos e descenden a cinco os doutras unidades –un menos–. Polo seu lado, na área de Pontevedra e O Salnés continúa un paciente Covid en UCI e xa non hai ingresados noutras unidades, cando a xornada anterior había un.

Sen cambios seguen as áreas de Ourense, sen críticos e con dous ingresados en planta pola Covid; a de Santiago e Barbanza, sen pacientes en UCI e con tres noutras unidades; e a de Lugo, con tres en Unidade de Ciudados Intensivos e un en planta.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Tras dous días consecutivos de lixeiro ascenso de casos activos na semana na que se prevé que Galicia salga da situación de emerxencia sanitaria, estes descenden a 421, que supoñen 17 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (45) que novos contaxios (28).

En concreto, as infeccións activas unicamente aumentan en dúas das sete áreas: Ferrol (+4) e Pontevedra e O Salnés (+2); mentres que descenden nas de Ourense (-7), A Coruña e Cee (-7), Santiago e Barbanza (-4), Lugo (-3) e Vigo (-2).

Así, a área da Coruña e Cee continúa como a única por encima do centenar de casos, con 138; seguida da de Vigo, con 77; Santiago e Barbanza, con 68; Pontevedra e O Salnés, con 44; Ourense, con 37; Lugo, con 37; e Ferrol mantense á cola, con 20.

MENOS CONTAXIOS

O novos contaxios tamén descenden por baixo da trintena despois de dúas xornadas consecutivas en ascenso e sitúanse en 28, cinco menos que os 33 deste mércores, aínda que lixeiramente superior aos 23 do martes e 21 do inicio desta semana. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Estes 28 novos positivos foron confirmados nas últimas 24 horas a través de Probas de Detección de Infección Activa. Deles, seis corresponden á área de Vigo; outros seis, á de Pontevedra e O Salnés; catro, á de Ferrol; catro, á da Coruña e Cee; outros catro, á de Santiago e Barbanza; tres, á de Ourense; e un, á de Lugo.

Así, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia aumentan a 182.845, das que 43.204 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.724, á de Vigo; 27.034, á de Santiago e Barbanza; 21.781, á de Ourense; 21.481, á de Pontevedra e O Salnés; 19.976, á de Lugo; e 11.645, á de Ferrol.

Desde o inicio da pandemia, en toda Galicia fixéronse 2.878.971 PCR, 2.471 máis que as realizadas ata o día previo e seis menos que as feitas a xornada pasada.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– aumenta a un 1,09 por cento, tras descender ao 0,48% o mércores, despois de subir o martes ao 0,84% e de comezar esta semana cun 0,51%. Así, segue por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta crise sanitaria mantéñense en 2.648, ao non notificar tampouco este mércores a Consellería de Sanidade ningún falecemento.

Mentres 179.810 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse en toda Galicia desde o inicio desta crise sanitaria, 45 máis que as contabilizadas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...