InicioEconomíaO Goberno investirá en Peinador 9,5 millóns entre 2022 e 2023 para...

O Goberno investirá en Peinador 9,5 millóns entre 2022 e 2023 para mellorar a seguridade e os mostradores de facturación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou este xoves o aeroporto de Peinador, onde puxo en valor o impulso do Executivo central ás conexións de Vigo, cun investimento de 9,5 millóns de euros entre 2022 e 2023 para mellorar a seguridade e os mostradores de facturación do aeródromo olívico.

Tal como reivindicou Miñones, o Goberno xa investiu este ano 7,7 millóns co obxectivo de que esta infraestrutura “de vital importancia para o sur de Galicia” poida ser máis eficiente e ofrecer un mellor servizo aos seus pasaxeiros, cumprindo cos estándares internacionais.

Por iso, o delegado anunciou que os novos mostradores de facturación e o novo sistema de inspección de equipaxe en adega estarán finalizados antes da primavera, tras un investimento de 4,8 millóns de euros.

Ademais, continúan as obras de adecuación da franxa de pista aos requirimentos das normativas europeas, ata alcanzar os 140 metros a cada lado do eixo, segundo explicou a directora de Peinador, Ana Molés.

“Estas actuacións permitirán mellorar a seguridade do aeroporto e os servizos ofrecidos aos pasaxeiros“, engadiu Miñones, quen explicou que o ano que vén o Goberno investirá outros 1,8 millóns para continuar coa mellora de Peinador.

Segundo subliñou, nos próximos cinco anos o Goberno investiría ata 13,61 millóns de euros no aeródromo. “Hoxe podemos dicir que a mellora do aeroporto de Vigo está en marcha grazas a un investimento próximo aos 14 millóns, para dar un mellor servizo aos vigueses e a quen visita Vigo nos próximos anos, nos que se espera unha reactivación do tráfico aéreo”, sentenciou.

DESVÍOS

Entre outros temas relacionados con Peinador, Miñones foi preguntado sobre os desvíos que en ocasións sofren os pasaxeiros a outros aeroportos da Comunidade debido ás situacións meteorolóxicas que vive o aeroporto de Vigo. O delegado explicou que o aeródromo xa conta na actualidade coa mellor tecnoloxía antinéboa. Miñones tamén engadiu que o Goberno traballa para que o aeroporto da Coruña teña as mellores tecnoloxías

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...