InicioEconomíaA Xunta formaliza a adxudicación de tres parcelas da Plisan á conserveira...

A Xunta formaliza a adxudicación de tres parcelas da Plisan á conserveira Albo

O dereito de superficie concédese por un prazo de 30 anos que se podería estender até os 60 con prórrogas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta formalizou a adxudicación de tres parcelas na Plisan, en Salvaterra de Miño, á empresa conserveira Hijos de Carlos Albo. Segundo informa o Goberno galego, prodúcese como resultado da poxa pública convocada polo Instituto Galega de Vivenda e Solo (IGVS) o ano pasado, no que lle correspondeu á firma galega unha superficie de 63.000 metros cadrados. Tamén se adxudicaron outras dúas parcelas, que suman preto de 5.600 metros –ata uns 69.000 metros cadrados–.

A adxudicación realizouse en dereito de superficie, unha modalidade que permite ás empresas acceder ao chan pagando cada ano unha pequena cantidade, o que lles facilita financiar a súa instalación e o inicio da actividade nas mellores condicións posibles, explica a Consellería de Medio Ambiente.

En concreto, supón o pago dun canon anual do 1,5% do prezo da parcela durante os dous primeiros anos; do 2,5% do prezo nos anos terceiro e cuarto; e do 3,5% do prezo a partir do quinto ano.

O dereito de superficie concédese por un prazo de 30 anos e ao finalizar este período, as entidades promotoras da Plisan, mediante acordo unánime e previa petición do adxudicatario, poderán conceder ata un máximo de tres prórrogas sucesivas, cunha duración de 10 anos cada unha, de maneira que o dereito de superficie poderá estenderse ata un máximo de 60 anos.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...