InicioEconomíaO presidente do Porto de Vigo acusa a Greenpeace de "denigrar" a...

O presidente do Porto de Vigo acusa a Greenpeace de “denigrar” a imaxe dos pescadores galegos

Enrique López Veiga rexeita a invitación da ONG para visitar o seu buque insignia, o 'Rainbow Warrior', que atracará na cidade entre 25 e o 29 de xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, acusou a Greenpeace de “denigrar” a imaxe dos pescadores galegos e rexeitou a súa invitación para visitar o seu buque insignia, o ‘Rainbow Warrior’, que atracará na cidade olívica entre 25 e o 29 de xullo.

Así se pronunciou través dun correo electrónico en resposta á organización, que solicitou atracar no porto vigués barco e convidou a López Veiga a visitalo para coñecer a súa campaña, centrada na concienciación sobre o cambio climático.

Aínda que o presidente do Porto autorizou a petición do navío debido a que se axusta á legalidade, rexeitou visitalo ao aludir ao feito de que esta entidade xa conta cun plan de redución de gases nocivos e de loita contra o cambio climático.

Así mesmo, condenou os “métodos” de Greenpeace, á que acusou realizar “pintadas” e “actos incívicos”. Así, asegurou que membros da organización se subiron ás redes de arrastre pesqueiros galegos e acusouna de “entorpecer” o traballo dos palangreiros que faenan de acordo coa normativa vixente.

Deste xeito, López Veiga sinalou que a entidade ecoloxista non será do seu “agrado” ata que comece a “respectar a honestidade e a boa imaxe dos pescadores galegos”.

Lea entre palangreiros da Guarda e activistas de Greenpeace pola sobrepesca de quenllas

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...