InicioDeportesO ex-azulgrana Óscar García Junyent, novo adestrador do Celta

O ex-azulgrana Óscar García Junyent, novo adestrador do Celta

O técnico porase á fronte do equipo este mesmo martes, cando dirixará o seu primeiro adestramento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Celta de Vigo oficializou esta tarde a fichaxe de Óscar García Junyent como adestrador do primeiro equipo ata final de tempada, despois de que onte á noite fose destituído Fran Escribá tras a cuarta derrota consecutiva do equipo, en postos de descenso.

O técnico catalán, ex-xogador do FC Barcelona e Espanyol, chegará a Vigo nas próximas horas e este martes dirixirá o seu primeiro adestramento nas instalacións deportivas da Madroa a partir das dez e media da mañá.

A súa primeira experiencia como adestrador foi no xuvenil A de o FC Barcelona, co que conquistou Liga, Copa e Liga de Campións en 2011. Na campaña 2012-13 levou ao Maccabi Tel Aviv a gañar a liga israelí. Posteriormente pasou polo Brighton, Watford, Red Bull Salzsburgo, club co que logrou gañar dúas Bundesligas e dúas Copas de Austria, Saint Etienne e Olympiakos.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...