InicioSociedadeA veciñanza de San Mateo de Oliveira négase ao peche da súa...

A veciñanza de San Mateo de Oliveira négase ao peche da súa escola no rural de Ponteareas

PUBLICADO O

Nais, pais, alumnado, representantes da FANPO (Federación de Asociacións de Nais e Pais), ANPA e veciñanza reuníronse este venres na escola unitaria de San Mateo para acordar as medidas a realizar para evitar o seu peche.

Convencidos de que o devandito peche é unha medida definitiva “que vai en contra do impulso na vida no rural, significando a perda dun servizo básico indispensable”, a comunidade educativa de San Mateo decidiu insistir na necesidade de que a escola siga aberta.

Os participantes no encontro destacan que esta escola está no seu mellor momento grazas á inversión realizada pola concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández que dende a súa chegada no ano 2015 investíu un total de 17.352,42€ euros en diferentes obras de mantemento e conservación así como dotacional (xogos, columpios, xardineiras…).

Por iniciativa da concelleira, xuntáronse o pasado venres para determinar as accións que emprenderán no seu empeño de que a Xunta sexa consciente da necesidade de que esta escola siga aberta “en lugar de seguir aplicando criterios numéricos que nada teñen que ver coa realidade do rural e que provoca o peche de moitas escolas”.

Entre os acordos tomados está a recollida “masiva” de sinaturas de apoio que serán trasladadas á Consellería de Educación, coa que xa está solicitada unha reunión e a petición de que estuden a posibilidade de ofrecer na unitaria os cursos de primeiro e segundo de primaria para que os cativos e cativas poidan permanecer máis tempo no seu entorno mentres se dea esta situación.

San Mateo, escola no rural/ Concello de Ponteareas

No último pleno ordinario celebrado, a corporación aprobou por unanimidade instar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a permanencia da Unitaria de San Mateo de Oliveira (CRA A Picaraña) e da aula de tres anos de infantil no CEIP de Santiago de Oliveira en Ponteareas.

A concelleira Cristina Fernández solicitou no pleno o apoio da corporación para instar á Xunta de Galicia a elaboración e aplicación dun Plan Específico de Educación para o Medio Rural galego coa finalidade de dar solucións contextualizadas aos graves problemas que lle afectan.

Fernández explica que a inspección educativa comunicou verbalmente ao CRA a decisión da Consellería de pechar para o vindeiro curso 2018/2019 da aula unitaria de San Mateo de Oliveira por unha baixada de alumnado nesta aula e, por outra parte, a previsión da eliminación dunha aula de infantil no CEIP de Santiago de Oliveira polo mesmo motivo dos criterios numéricos usados pola Consellería.

a parroquia

San Mateo de Oliveira é unha das 24 parroquias cunha poboación de 580 habitantes e cunha poboación infantil menor de 6 anos de 18 nenos e nenas. As nais e pais desta escola enviaron un escrito no mes de maio co apoio das asociacións de San Mateo de Oliveira, de veciños, cultural, ANPA e Fundación Zúñiga, donde se xustifica a necesidade de que se mantivera aberta xa que nos vindeiros cursos escolares se van incorporar cando menos nove nenas e nenos.

“Tras poñerse en contacto coas familias de San Mateo detectamos que existen nenos e nenas suficientes para que unha vez pasado este novo curso haia matrículas como para manter a escola aberta”, defendeu Cristina Fernández.

EVITAR A DESPOBOACIÓN

Así, Cristina insta á Xunta de Galicia á adopción dunha moratoria no peche de escolas ou supresión de unidades que atinxen ao rural en tanto non entre en vigor o plan solicitado, así como o apoio ao ensino rural mediante o aumento das inversións en instalacións e servizos para os centros.

“No caso do rural é preciso adoptar medidas específicas consensuadas coas comunidades educativas na procura de novos modelos do servizo de educación pública que se axuste ás súas necesidades e que eviten a despoboación”, selou.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...