Inicio50 anos de amor: homenaxe en Arbo aos matrimonios que cumpren as...

50 anos de amor: homenaxe en Arbo aos matrimonios que cumpren as vodas de ouro

Dende o concello van facer un acto para aquelas persoas que levan case unha vida xuntas. A data límite para anotarse é o 15 de xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Arbo quere agasallar o amor que durante 50 anos levan compartindo os matrimonios arbensnes co evento tradicional “Vodas de Ouro”. Todos aqueles matrimonios que cumpran ou cumprisen os 50 anos de casados entre o 16 de febreiro de 2020 ata o 31 de xullo de 2021 poden anotarse nas oficinais municipais do concello para participar na homenaxe que vai celebrar o próximo 31 de xullo. Tamén se poderán anotar aquelas parellas que o ano anterior non puideron participar.

Este ano o acto, marcado pola crise sanitario, tivo que cambiar a data de febreiro a xullo e tamén de escenario. Pasa de ser no auditorio a ser na Praza do Concello.

Dende o Concello avisan de que se respectán e se implantarán todas as recomendacións e medidas sanitarias e animan aos matrimonios que cumpres as vodas de ouro a anotarse e participar no acto. A data límite para anotarse será ata o vindeiro 15 de xullo.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...