InicioSociedadeAs redeiras da Guarda ofrecen un obradoiro gratuíto para coñecer este oficio...

As redeiras da Guarda ofrecen un obradoiro gratuíto para coñecer este oficio tradicional

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Casa dos Alonsos da Guarda acolle este sábado día 18 de agosto ás 12:00h do mediodía
un obradoiro/demostración do oficio das redeiras, pensado como actividade complementaria á Exposición Así Somos, que se atopa neste espazo dende o pasado 20 de
xullo.

Esta actividade, de carácter aberta e para todos os públicos, contará coa colaboración da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, que amosarán as súas experiencias neste sector, “tan importante para A Guarda e para o mundo do mar”, lembran desde o Concello guardés.

No obradoiro explicarán aos presentes como é o seu traballo, que utensilios empregan e
cales son os diferentes tipos de redes que se poden facer, segundo a arte de pesca. “Sen dúbida, unha xornada especial para achegarse a este fantástico mundo do mar”, conclúen.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...