InicioTui acollerá unha "alfombra cordobesa" cortesía de case cen peregrinos

Tui acollerá unha “alfombra cordobesa” cortesía de case cen peregrinos

Desenvolverase o vindeiro xoves 25 pola mañá.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As alfombras de Valenzuela son sonadas. Coñécenas seguro, aínda que non lles soe o nome, de ver un fugaz fragmento no telexornal das 3; se cadra por cruzar con elas polo Facebook. Son esas tan grandes e coloridas feitas de serradura. O caso é que un grupo de case cen veciños e veciñas deste municipio cordobés van realizar unha pequena alfombra a escala… en Tui.

O proxecto desenvolverase na mañá deste xoves 25 de agosto e terá lugar no céntrico paseo da Corredoira fronte á Oficina Municipal de Turismo. Agora ben, cal é o motivo deste cruce de camiños tan inesperado? Segundo explican as autoridades tudenses, a vila de Valenzuela foi convidada a formar parte da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago (por razóns evidentes).

De tal modo, e cando desde Valenzuela se organiza  unha viaxe a terras galegas para realizar o Camiño de Santiago, pretenden realizar en cada localidade do seu percorrido un acto cultural co cal establecer un achegamento a estes municipios galegos tendo en común o mundo das alfombras.  Así realizarán unha réplica a pequena escala dunha das alfombras típicas daquela vila andaluza nun lugar emblemático da cidade de Tui, como é o Paseo da Corredoira. Unha iniciativa que tamén chegará a San Román de Retorta, Melide, Sarria, Arzúa e O Pedrouzo ata chegar a Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...