InicioCulturaReconstrúen en Santa Trega por primeira vez a porta de acceso a...

Reconstrúen en Santa Trega por primeira vez a porta de acceso a un castro da Idade de Ferro

Desde agora, "o visitante dispón dunha imaxe moi aproximada de como era o acceso aos castros na Idade de Ferro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa Terra Arqueos concluíu os traballos arqueolóxicos realizados desde decembro no entrada norte do poboado de Santa Trega, no municipio pontevedrés da Guarda, que derivaron na reconstrución da zona.

Trátase dos primeiros traballos nos que leva a cabo a reconstrución completa da porta dun poboado castrexo, tal e como explicou o investigador do CSIC Brais X. Currás, que apuntou que, desde agora, “o visitante dispón dunha imaxe moi aproximada de como era o acceso aos castros na Idade de Ferro”.

A porta foi escavada entre os anos 1910 e 1920 pola Sociedade Prol Monte guardesa co asesoramento do arqueólogo Ignacio Calvo. Anos máis tarde, Cayetano de Mergelina rexistrou planimétricamente aqueles traballos.

“O dintel apareceu caído in situ, ao pé da porta. Aí permaneceu durante case un século, esperando á súa restitución ao lugar orixinal. As jambas da porta, en cambio, están desaparecidas, pero a soleira conserva as marcas onde ían asentadas. A reconstrución, agora, da porta norte do poboado, implicou unha gran complexidade técnica”, apunta Brais X. Currás.

Os traballos consistiron na reconstrución parcial da muralla e a restitución do dintel. Para iso, empregáronse exclusivamente medios manuais, coa axuda de cinchas de amarre e poleas, evitando utilizar maquinaria. As jambas, que están perdidas, substituíronse por reproducións e colocáronse no lugar orixinal.

Durante a Idade do Hierro e ata a chegada de Roma, a paisaxe galega estaba formada por unha sucesión de aldeas fortificadas, opostas e enfrontadas entre si: os castros, lembra o CSIC. Todos estes poboados estaban cercados por unha muralla que simbolizaba ese enfrontamento, representando a identidade de cada comunidade castrexa fronte ás demais e garantindo, ademais, a seguridade do grupo.

A porta norte do castro de Santa Trega destaca dentro da arqueoloxía castrexa pola súa excepcional conservación. Unha longa escaleira de pedra, flanqueada entre muros, ascende a ladeira ata a porta que franquea o paso ao interior do poboado. Todo un complexo deseño arquitectónico pensado para que quen entrase tivese que atravesar este pasadizo e non puidese ver o interior do poboado.

ÚLTIMAS

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...

A Xunta anuncia 2.000 vivendas no parque Ofimático de Vigo, 35 para expropiados

A Xunta de Galicia prevé que as obras de construción de vivendas e as...