InicioSociedadeA Xunta detecta "carencias" na residencia de maiores de Pazos de Borbén

A Xunta detecta “carencias” na residencia de maiores de Pazos de Borbén

Iso despois de que a Asociación Vellez Digna denunciase a situación de "malos tratos permanentes" e a "elevada taxa de mortalidade" que existe na residencia 'Mi Casa'. CC.OO. pide unha actuación "exemplarizante".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia detectou “certas carencias” na residencia da terceira idade ‘Mi Casa’ do concello de Pazos de Borbén, despois de que inspectores autonómicos visitasen dito centro tras recibir varias queixas por parte de traballadores e familias das persoas usuarias.

Segundo fontes da Consellería consultadas por Europa Press, realizouse unha inspección da  residencia de maiores ao día seguinte de coñecerse as denuncias, na cal se acharon “certas carencias”.

Por iso, na actualidade os responsables da residencia teñen un prazo para emendar os problemas, durante o cal o Goberno galego está a supervisar “moi de preto” a situación, á espera de que se termine dito tempo para tomar unha decisión ou as seguintes accións a levar a cabo. A Xunta reivindicou que o obxectivo destas inspeccións non é recadatorio, senón que pretenden emendar os erros para que o servizo se ofreza coa maior calidade posible.

Todo iso despois de que a Asociación Galega de Familiares e Usuarios de Residencias Vellez Digna denunciase a situación de “malos tratos permanentes” e a “elevada taxa de mortalidade” que existe na residencia ‘Mi Casa’ de Pazos de Borbén. As queixas lamentan as deficiencias no coidado sanitario dos maiores, así como na hixiene ou na alimentación.

Ante isto, o sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu nun comunicado unha actuación “contundente e exemplarizante” da Xunta xa que, ao seu xuízo, se debe reforzar o labor de inspección nas residencias ante as “graves carencias” detectadas en moitos centros.

Para a organización sindical, un servizo público “tan sensible” como é o coidado ás persoas maiores “non pode estar en mans privadas sen que ninguén controle ben como se presta”. Ante a situación do centro de Pazos de Borbén, CC.OO. espera que a Xunta sexa “contundente e exemplarizante”.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...