InicioSucesosDetectan case 80 condutores positivos por alcol ou drogas durante a Arribada

Detectan case 80 condutores positivos por alcol ou drogas durante a Arribada

Durante o fin de semana fixéronse 1.951 probas de alcoholemia e tests indiciarios de drogas en Baiona e a súa contorna.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O dispositivo especial de seguridade viaria establecido pola Garda Civil de Tráfico o pasado fin de semana, con motivo da celebración da festa da Arribada en Baiona, saldouse con case 2.000 probas realizadas e case 80 condutores que deron positivo en alcol e/ou drogas.

Segundo informou o Instituto Armado, durante o fin de semana fixéronse 1.951 probas de alcoholemia e tests indiciarios de drogas en Baiona e a súa contorna, e foron detectados 60 condutores que circulaban baixo os efectos do alcol.

Deses 60, 57 foron denunciados por vía administrativa, mentres que 3 condutores foron denunciados por vía penal, ao ser supostos autores dun delito contra a seguridade viaria (por superar a taxa de 0,60 mg/l). No caso das probas de drogas, realizáronse un total de 24, e detectáronse 16 positivos indiciarios (que terán que ser confirmados en laboratorio).

Ademais destas intervencións, a Garda Civil tamén interceptou un condutor que circulaba co carné suspendido por perda de vixencia, e a outro que carecía de permiso de conducir. Así mesmo, formuláronse denuncias por facer uso do móbil ao volante e por outras distraccións.

ÚLTIMAS

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...