InicioMovementos SociaisOs Elefantes de Papel falan sobre a crise dos refuxiados: "O do...

Os Elefantes de Papel falan sobre a crise dos refuxiados: “O do Aquarius foi un conto político”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Elefantes de Papel, Berto e María, viaxaron á illa grega de Lesbos sabendo que non era posible cambiar as cousas pero co firme obxectivo de visibilizar a situación dos refuxiados e concienciar á cidadanía viguesa e galega.

Falamos de novo con eles sobre a súa experiencia nos campos de Pipka e Moria (ao que non puiederon entrar, fortemente vixiado), centrándonos na crise global dos refuxiados.

P- Ten Europa o deber de acoller a estas persoas?

R- Por suposto. Se non queremos importar refuxiados, cando menos deixemos de vender armas. O conflito de Siria é moi complexo, con disputas tribais polo medio, pero tamén interviñeron os intereses de Rusia e EE.UU.

ISIS foi creado polos estadounidenses, e fóiselles das mans. Mirabamos estes días na televisión un documental sobre a obsolescencia programada. África é o país máis rico do mundo, finalmente convertido no seu vertedoiro.

Quitámoslles os seus recursos para facer móbiles, e cando os terminais deixan de funcionar ou xa non nos gustan os vertemos alí. O mundo ten suficientes recursos como para que ninguén pase fame.

P- Que opinan do “reparto” de refuxiados?

R- En Lesbos hai 33.000 habitantes e 15.000 persoas refuxiadas. España ten unha poboación de 47 millóns de persoas, pero non acolleu máis de 2.700. Toda a xente que hai en Lesbos é a nosa “cuota” de refuxiados, os que por lei deberiamos recoller en todo o Estado. E “caben” nun pobo.

“hai xente que está gañando moitísimo diñeiro a conta dos refuxiados”

P- Están a ser hipócritas os políticos deste país?

R- Criticamos a Italia, que si, claro que agora chegou un goberno fascista, pero o traballo a o fixeran, e nós nada, dos 624 do famoso barco máis de 200 xa non están. O do Aquarius foi un conto dos políticos.

P- Funciona o proceso de acollida?

R- Temos un sistema de acollida que non integra. Aquí en España Cruz Vermella é a responsable de xestionalo. Dura 18 meses. Estás 6 meses nun piso, cunha pensión (que paga a UE, non o goberno español), coa túa familia, vés dunha guerra.

Os últimos seis meses xa son de procura activa de traballo. Se en ese ano e medio non tes traballo, á rúa. E son persoas de fóra, moitas sen estudios e nin coñecer o idioma sequera. Se non atopo emprego eu con 50 anos e sendo español, como o vai atopar un sirio?

“Vertedoiro” de chalecos salvavidas en Lesbos/ Elefantes de papel

P- Que están a facer as grandes ONGs por cambiar as cousas?

R- Nunca nos veredes colaborar cunha gran organización. ACNUR, a xente cre que é unha ONG, pero trátase dun organismo da UE. E fai anuncios en TV para recadar diñeiro, para conseguir donacións, cando é unha organización gobernamental.

Aquí hai xente que está ganando moitísimo diñeiro a costa dos refuxiados. Non é casualidade que Grecia, que é tan pobre, sexa quen ten que asumilos. Salváronlle a débeda varias veces, está na miseria. O coche con menos anos alí, xa ten décadas de uso. Algúns, ata circulan sen matrícula.

P- Viviron en primeira persoa non só a miseria na que viven os refuxiados, senón a pobreza de todo o pobo grego.

R- Pero a xente se solidariza. Nós explicámoslle a unha señora que queriamos ir ao cemiterio, pechou a tenda e acompañounos. Queriamos darlle diñeiro a cambio, mais non quixo. Son case terceiro mundo. É o que ten a empatía.

En España exterminaríamos aos refuxiados. Cando comezaron a chegar, a xente botábase ás praias para darlles comida, mantas… Pero, cando xa non tes nin para ti… É mais, aos hostaleiros da zona prometéranlles que se axudaban aos máis vulnerables, en 2015, recibirían unha compensación económica. Nin viron un duro nin pensan xa niso.

“o centro de pediatría de moria é unha tenda de campaña”

P- Con ou sen empatía, quizais non podamos nin imaxinar polo que pasaron estas persoas.

P- Imaxinade que agora bombardearan Vigo. Hai que escapar 40 persoas en pateiras para 10. Dos 40, unha parte cae ao mar e morre de hipotermia. Logo chegas a un campo onde hai palizas cada día, que é un foco de enfermidades. O centro de pediatría (a maioría son nenos) é unha tenda de campaña”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

As poucas habitacións libres para a ponte de decembro en Vigo superan os 320 euros

As cidades de Vigo, Madrid, Málaga e Barcelona experimentaron un notable incremento nas reservas...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...