InicioSociedadeÉrguete-Integración e Clece asinan un acordo para a inserción socio-laboral de persoas...

Érguete-Integración e Clece asinan un acordo para a inserción socio-laboral de persoas vulnerables

A Fundación comprométese a colaborar nos procesos de selección, e desenvolveranse prácticas formativas non laborais para estudar a inserción dos beneficiarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Érguete-Integración e o grupo Clece asinaron este mércores un convenio de colaboración para impulsar a inserción socio-laboral de persoas en situación de vulnerabilidade, que contempla a realización de prácticas formativas non laborais e cursos de capacitación para facilitar a entrada desas persoas no mercado de traballo.

O acordo foi subscrito este mércores na sede de Érguete, en Vigo, pola presidenta da Fundación, Carmen Avendaño, e polo delegado en Galicia de Clece, Alberto Domínguez.

En virtude deste convenio traballarase por parte de ambas as entidades para facilitar a incorporación de persoas vulnerables en dúas das filiais de Clece: Samaín (encargada dos servizos de limpeza en centros comerciais e grandes superficies) e CleceVitam (especializada na xestión de residencias de maiores).

A Fundación comprométese a colaborar nos procesos de selección, e desenvolveranse prácticas formativas non laborais para estudar a inserción dos beneficiarios. Tamén se contempla a realización de cursos de capacitación.

Carmen Avendaño agradeceu a disposición de Clece para colaborar con Érguete-Integración e destacou que “é un gusto enorme poder dar unha oportunidade a quen a necesita, crer neles e que che devolvan a confianza”.

Pola súa banda, o delegado do grupo empresarial puxo en valor o traballo da Fundación e os seus equipos, despois de visitar as súas instalacións, e destacou que o labor que se fai cos usuarios para lograr a súa inserción.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...