InicioVigo e contornaVigoO Pleno de Vigo denuncia os "recortes sen precedentes" da Xunta en...

O Pleno de Vigo denuncia os “recortes sen precedentes” da Xunta en educación

Piden adiantar a gratuidade das escolas infantís a xaneiro de 2022.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores dúas mocións, co voto favorable de todos os grupos a excepción do PP, nas que se insta á Xunta, por unha banda, a adiantar ao 1 de xaneiro de 2022 a medida de gratuidade das escolas infantís e, por outro, a dar marcha atrás nos recortes no ámbito educativo.

Ambas as mocións foron defendidas no pleno (o primeiro presencial desde o inicio da pandemia) polo concelleiro de Educación do goberno vigués, Gorka Gómez, quen reclamou que a aplicación da gratuidade na educación de 0 a 3 anos se implemente cando entren en vigor os orzamentos, o 1 de xaneiro de 2022.

Así mesmo, denunciou que os recortes aplicados no ámbito educativo por parte da Xunta “non teñen precedentes”, e acusou ao goberno de Feijóo de leva a cabo unha estratexia de “desmantelamento” da educación pública.

Na mesma liña, os representantes de Marea de Vigo e BNG afearon á administración autonómica que non manteña os “escasos reforzos” cos que se dotou aos centros educativos durante a pandemia de Covid-9. “É unha cuestión ideolóxica, o PP non cre nos servizos públicos”, afirmou o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas.

Por contra, o grupo municipal do PP defendeu a política educativa do goberno galego que, lembrou Teresa Egerique, aumentou en 179 millóns o orzamento de Educación para o ano que vén. Así, tras acusar o goberno local presentar mocións “cheas de demagoxia”, incidiu que os centros escolares de Vigo “teñen os docentes que necesitan”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...