InicioEconomíaA suspensión dunha quenda de fin de semana en Stellantis Vigo supón...

A suspensión dunha quenda de fin de semana en Stellantis Vigo supón recolocar 650 traballadores e non renovar a outros 100

A decisión tómase polos problemas de aprovisionamento derivados da crise dos microchips.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A suspensión da quenda de fin de semana do sistema M2, que monta as furgonetas e monovolúmenes, da planta de Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) en Vigo suporá a recolocación duns 650 empregados, mentres que outro centenar desa quenda chega ao final do seu contrato e non se lles renovará.

Así se trasladou na reunión mantida este luns entre a empresa e os representantes sindicais para abordar a eliminación “temporal” desta quenda de traballo (tamén chamado ‘cuarto equipo’) da M2, debido aos problemas de aprovisionamento derivados da crise dos microchips.

A factoría viguesa anunciou hai unha semana a suspensión desta quenda de fin de semana e este luns iniciáronse as negociacións para acordar cando e con que medidas se vai formalizar esa suspensión.

A empresa expuxo que a eliminación desa quenda se faga efectiva a partir do 3 de outubro, é dicir, que ese será o último día “programable” de actividade para ese equipo. A dirección de Stellantis Vigo sinalou que esa medida permitirá “axilizar mobilidades e formacións” de cara a reacomodar actividade e emprego.

A nova situación afecta a uns 750 operarios, dos que uns 650 pasarán a outros sistemas e quendas. Segundo a proposta trasladada pola empresa, 100 empregados finalizan contrato, outros 200 pasarían ás quendas da semana da M2, e outros 450 serían recolocados na M1 (tanto pola semana como o fin de semana).

Estes movementos son compensados en gran medida porque hai outros 600 empregados (de ambos os sistemas e de varias quendas) que finalizan o seu contrato e tampouco renovarán. En todo caso, os traballadores eventuais que sexan acomodados noutros postos iran marchando tamén a medida que finalicen “de forma natural” os seus contratos.

Os sindicatos estudarán a proposta da empresa e farán as súas propias, que se abordarán nunha reunión o vindeiro mércores.

A suspensión desta quenda de traballo enmárcase dentro das medidas adoptadas pola factoría viguesa para facer fronte á ‘crise dos microchips’, que derivou en importantes problemas de aprovisionamento e obrigou á fábrica a suspender a súa actividade (total ou parcialmente) de maneira periódica nos últimos meses.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...