InicioSociedadeO TSXG anula a multa da Xunta ao Concello de Vigo polo...

O TSXG anula a multa da Xunta ao Concello de Vigo polo control da concesionaria durante a seca de 2017

Contra a sentenza cabe recurso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso interposto pola Xunta contra a sentenza que declarou nula a sanción que lle impuxo ao Concello de Vigo por unha infracción grave relacionada co control sobre a concesionaria de abastecemento de auga durante o período de seca de 2017.

Na sentenza, contra a que cabe recurso, o alto tribunal galego eximiu ao Concello do pago dos 10.500 euros que lle impuxo o Executivo autonómico por unha infracción grave relacionada coa falta de control sobre a xestora do servizo municipal de augas e impuxo á Xunta o pago de 1.000 euros en concepto de costas.

En concreto, os maxistrados apuntaron que se comprobou que o Concello e a concesionaria realizaron actuacións en conxunto “para atallar ou paliar os efectos da seca en 2017”, como o reforzo do seguimento da presa de Eiras. Tamén se solicitou a Augas de Galicia a redución do caudal ecolóxico e se continuou a toma de mostras e a realización de analíticas, cuxos resultados se trasladaron á Consellería de Sanidade.

Do mesmo xeito, a sentenza apuntou que se recolleron mostras xunto a inspectores de sanidade e que os técnicos municipais mantiveron reunións cos da concesionaria para estudar a situación e exercer un control continuado. Ademais, resaltou que as técnicas do laboratorio municipal respecto da remisión mensual de boletíns e o “constante contacto telefónico cos responsables de Consellería” permiten concluír que “o Concello seguiu tomando as mostras, sen desprazar exclusivamente sobre a concesionaria o control da calidade da auga”.

Adicionalmente, os xuíces afirmaron que ao porse “os medios para buscar solucións” desde o Concello “non se incorreu na infracción sancionada”. Por iso, concluíron que “non considerándose a ausencia de control” sobre a concesionaria imputada ao Concello, “non procedía a imposición da sanción”, polo que desestimou o recurso de apelación interposto polo Goberno galego.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...