InicioEconomíaA Xunta investiga as obras do Concello de Vigo para habilitar un...

A Xunta investiga as obras do Concello de Vigo para habilitar un parque de bombeiros en Coruxo

A parcela está en dominio público marítimo-terrestre, polo que as obras deberían ter permiso de Costas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, iniciou actuacións para esclarecer unha denuncia acerca dunha posible infracción por parte do Concello de Vigo nas obras de remodelación que se están levando nas instalacións da antiga depuradora de Coruxo, para habilitalas como parque de bombeiros provisional.

Así, a APLU recibiu unha denuncia que sinala que esas obras, que se realizan nunha parcela de titularidade municipal pero que está en dominio público marítimo-terrestre, se realizan sen a autorización da administración competente, neste caso, a Dirección Xeral da Costa e o Mar.

Por iso, dirixiuse ao Concello de Vigo para solicitar información respecto desas obras, que foron adxudicadas por medio dun contrato menor, por 48.300 euros. A través dun escrito con data do 5 de maio, a APLU reclama información sobre “a existencia de título habilitante de natureza urbanística que ampare as obras obxecto de investigación”.

Fontes municipais sinalaron que o Concello non ten constancia dese requirimento, e apuntaron que esas obras consisten na adaptación dun espazo para acoller aos bombeiros que actualmente están nos baixos do estadio de Balaídos. Trátase dunha solución provisional ata que se constrúa o novo parque de bombeiros nunha nave da rúa Esturáns, onde se investirá ao redor dun millón de euros.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...