InicioEconomíaAdvirten de que a nova prórroga do peche da fronteira con Portugal...

Advirten de que a nova prórroga do peche da fronteira con Portugal supón unha “ruína”

O Parlamento luso aproba unha nova prórroga do estado de emerxencia, que contempla o peche da fronteira ata finais deste mes. A AECT Río Miño demandará compensacións económicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

AECT Río Miño advertiu de que a nova prórroga do peche da fronteira con Portugal supón “unha auténtica tomadura de pelo” e unha “ruína económica” para a zona. Así se pronunciou o vicedirector de AECT Río Miño, Uxío Benítez, tras aprobar o Parlamento luso unha nova prórroga do estado de emerxencia, que contempla o peche da fronteira con España, ata finais deste mes.

Benítez censurou que se prorrogou o peche da fronteira “agora que se están abrindo a economía e as restricións en todos lados” e alertou de que esta medida, “totalmente negativa”, supón “unha ruína económica para o territorio do río Miño” que foi “provocada por decisións políticas”.

“Estamos a ver que o mal xa está feito. Pasan os días prórroga tras prórroga e o único que fan os Estados, tanto os gobernos de Madrid como de Lisboa, é incrementar o dano que xa crearon“, reprobou. Deste xeito, Benítez asegurou que esta medida leva “quitar a metade da clientela a toda empresa e negocio que vive no territorio fronteirizo”, ademais da “problemática das persoas traballadoras para cruzar a fronteira”.

Tamén puxo o foco na “incoherencia” que representa que o peche da fronteira se adopte por motivos sanitarios debido a que nos controis establecidos só se comproban a identificación e as autorizacións administrativas.

Así as cousas, avanzou que AECT Río Miño intensificará nos próximos días as medidas para demandar compensacións económicas para o territorio do Miño mediante partidas específicas nos fondos europeos Next Generation, así como nos correspondentes ao período 2021-2027.

Neste sentido, a entidade incidiu en que distintos estudos mostraron que o peche das fronteiras causou un dobre impacto ao sumarse a afectación á situación transfronteiriza á crise sanitaria da covid-19.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...