InicioSociedadeDetectados 5 positivos en Moaña tras o cribado no que participaron case...

Detectados 5 positivos en Moaña tras o cribado no que participaron case 9.000 persoas

O Sergas citara a 12.109 persoas para as probas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sanidade confirmou este venres que o cribado masivo realizado na localidade pontevedresa de Moaña desvelou cinco casos positivos de COVID-19, entre as case 9.000 persoas que foron sometidas a probas.

Así, o Sergas citara finalmente a 12.109, que eran as que cumprían os requisitos esixidos –ser maior de 15 anos, ter cartón sanitario e estar dado de alta no sistema ‘Lembra’–, a pesar de que a previsión inicial era convocar a case 20.000 persoas.

Dos pacientes citados, acudiron a realizarse o test 8.902 (un 73,5 %). A maior parte deles foron sometidos a probas PCR a través de saliva (7.815), mentres que o resto (1.087) fixéronse probas con extracción de mostra nasofarínxea. Do total, detectáronse cinco casos positivos.

Nos últimos días, o Sergas tamén trasladou outros resultados de cribados. Segundo informou, nas probas realizadas en Tui, Redondela e o CIFP Manuel Antonio de Vigo, detectáronse un total de 23 casos de COVID (4 en Tui, 6 en Redondela e 13 no centro educativo).

Ademais destas análises, que se realizan para localizar a persoas infectadas que non teñan síntomas, tamén se está cribando á poboación asignada a varios centros de saúde de Vigo, así como pacientes de Chapela-Redondela, Gondomar e Cangas.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...