InicioEconomíaO Concello de Vigo expropiará oito terreos no Casco Vello por ser...

O Concello de Vigo expropiará oito terreos no Casco Vello por ser un estercoleiro

Esta actuación encádrase dentro do programa de expropiación forzosa, que naceu co fin de eliminar eses espazos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciará os trámites para a expropiación, mediante poxa, de oito solares situados no Casco Vello da cidade, e que estaban incluídos no rexistro municipal do programa de expropiación forzosa.

Así o confirmou en rolda de prensa do alcalde, Abel Caballero,O Concello de Vigo expropiará oito terreos no Casco Vello por ser un estercoleiro quen lembrou que o Concello identificara 24 solares en estado de abandono no barrio histórico e no centro da cidade. Tras contactar cos propietarios, 16 deles iniciaron xa o proceso para edificar, mentres que outros 8 serán expropiados mediante poxa.

Segundo sinalou o rexedor, este programa iniciouse coa idea de eliminar eses espazos que, despois de anos de abandono, convertéronse nun estercoleiro e en “focos de suciedade”. Unha vez contactados os propietarios, a maioría deles iniciaron o proceso para edificar, polo que concluíu que “o rexistro e a ameaza de expropiación funcionan”.

Con respecto aos outros 8, varios na Rúa Alta, outros en Ferreiría e un máis en Abeleira Menéndez, proximamente levará a cabo a expropiación por poxa pública. Así mesmo, o alcalde apuntou que o Concello de Vigo continuará rexistrando solares que estean en ruínas e abandonados porque non permitirá “feridas” na cidade.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...