InicioPolíticaCaballero felicítase polo rescate do Mar de Vigo "a prezo de ganga"...

Caballero felicítase polo rescate do Mar de Vigo “a prezo de ganga” por 35 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que o rescate do Auditorio Mar de Vigo custará 35 millóns de euros, e felicitouse porque a instalación volve ser municipal “a prezo de ganga”, e “pola metade do que afirma o PP”.

En declaracións aos medios, o rexedor olívico cualificou este rescate como “unha operación magnífica”, e recalcou que os 35 millóns pagaranse alleando bens municipais, entre os que citou o hotel Samil, o hotel anexo ao Auditorio, ou os locais comerciais.

Con respecto ás instalacións que agora ocupan as aulas da UNED, Abel Caballero asegurou que existe un contrato e que nada cambiará, dando por feito que os novos donos deses locais manterán o acordo e permitirán continuar esa actividade educativa.

Así mesmo, o rexedor subliñou que o rescate do Auditorio, “ao pagarse coa venda de patrimonio, non repercutirá nos petos dos vigueses, nin con incremento de impostos, nin con redución dos investimentos públicos”.

“CATEDRAL DA CULTURA”

Abel Caballero proclamou que o Auditorio Mar de Vigo é “a catedral da cultura de Galicia”, e puxo en valor que esa instalación foi construída e sufragada na súa maior parte con fondos do Concello, xa que a Xunta achegou unha cantidade “ridícula” de 18 millóns, mentres que sí financiou a totalidade doutras infraestruturas culturais, como a Cidade da Cultura en Santiago.

Por outra banda, o alcalde subliñou que a adxudicación do Auditorio foi realizada na etapa do PP e tamén lembrou que o rescate se debe a unha lei, tamén dos ‘populares’, que obriga ao Concello a rescatar unha concesión que non é rendible.

Finalmente, celebrou que, “a pesar dos agoiros do PP”, o Mar de Vigo “non se pechou nin un minuto”, a súa programación cultural é “excepcional” e agora, ademais, é público.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...