InicioEconomíaO Parlamento volverá investigar a fusión de Caixanova e Caixa Galicia tras...

O Parlamento volverá investigar a fusión de Caixanova e Caixa Galicia tras o auto da Audiencia Nacional

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia volverá contar cunha comisión de investigación da fusión das caixas galegas –Caixanova e Caixa Galicia– e a súa posterior bancarización, máis de oito anos despois de que se abrise por primeira vez na Cámara autonómica.

Tanto PPdeG como BNG incluíron na orde do día senllas peticións concretas sobre esta cuestión, pero xa negocian, tamén co PSdeG, un acordo para abrir este órgano de investigación parlamentaria co consenso de todas as forzas políticas. A idea é, ademais, aproveitar os traballos realizados, que acabaron sen un ditame da Cámara.

No escenario dunha comisión de investigación, que os tres grupos teñen intención de facer por consenso, a oposición advirte de que, en primeiro lugar, a Xunta “ten” que entregar a documentación que aínda non se enviou no seu día.

Esta comisión chegará, de confirmarse como é intención, despois de que se coñeceu un auto da Audiencia Nacional no que se sostén, sobre a intervención do FROB relativa ás caixas de aforro galegas, que “a única razón” pola que tivo que actuar “foi pola situación económico-financeira na que se atopaba, en 2010, Caixa Galicia, antes de que se producise a fusión”.

Nese mesmo auto engádese que “Caixanova nunca sería intervida se non se vira obrigada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a NovaCaixaGalicia“.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...