InicioSociedadeA Xunta paraliza, en campaña electoral, a súa intención de privatización do...

A Xunta paraliza, en campaña electoral, a súa intención de privatización do ensino universitario ‘online’

A fundación de dereito privado Feuga e unha consultoría externa, encargaríanse de “afrontar a totalidade do proceso” de deseño do futuro online das universidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta retirou a súa proposta de implantación de docencia mixta no sistema universitario galego, unha iniciativa que xerou un rexeitamento practicamente unánime entre a comunidade académica e as propias institucións tanto polas súas formulacións, polos tempos marcados no texto como pola supervision do proceso por parte de entidades privadas e externas ás institucións académicas.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anunciaba hai unhas semanas a constitución dun grupo de traballo para avanzar cara a un modelo mixto de ensino, que combinase a presencialidad e a docencia ‘en liña’.

Hai uns días, transcendeu o borrador do documento, aínda aberto a alegacións, no que se planificaba a implantación deste modelo en dúas fases: unha voluntaria o próximo curso e outra xeral, na que xa se estendería á maioría de graos, no período 2021-2022.

A principal crítica ao documento partiu de que sería a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e unha consultora externa as encargadas de pilotar e xestionar todo o proceso, en lugar de tratarse dunha adaptación que partise das propias institucións.

Todo iso motivou un rotundo rexeitamento desde os sindicatos docentes, o colectivo investigador e o propio profesorado da universidade, que remitiu unha carta á Consellería (subscrita por docentes do tres institucións académicas) para pedir a retirada do plan. Educación, pola súa banda, censurou a utilización deste texto para “a confrontación”.

Finalmente, Educación decidiu apartar o borrador e censurou que se utilizase a proposta “para a confrontación” por parte “de determinados colectivos”. A Consellería defendeu o seu plan argumentando, ademais, que os reitores mostraran a súa “conformidade” coa implantación da docencia mixta durante unha reunión telemática e lamentou a perda desta “oportunidade” para o alumnado.

Máis información en Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...