InicioSociedadeA Federación de ANPAS de Vigo busca ideas para afrontar o curso...

A Federación de ANPAS de Vigo busca ideas para afrontar o curso escolar despois do estado de alarma

FOANPAS cre que hai que atender ao alumnado con necesidades especiais ademais de traballar os aspectos emocionais dos estudantes ante retos como a fenda dixital.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Vigo e Comarca, (FOANPAS) abriu unha canle de difusión de textos dentro da súa páxina web. O obxectivo é abrir un foro de opinión para ofrecer información, lecturas e opinións que permitan chegar a posicións de consenso sobre diversos temas que afectan ao aspecto educativo dos máis novos.

FOANPAS busca que todos os sentires, necesidades e vulnerabilidades estean dentro da canle que acaba de abrir. Queren evitar que se dean situacións de discriminación, segregación e desigualdade. Isto implica opinións diversas sobre a situación educativa que se está a vivir e como está a ser resolta.

“Ninguén estaba preparado para isto” di Bertila Fernández, da directiva de FOANPAS, sobre o actual estado de alarma. É por iso que desde a Federación estudan como será a volta ao curso que vén. Para iso son conscientes de que “é necesario un debate sobre cara onde imos, como se está facendo e se chega a educación a todos os nenos e nenas” nas actuais circunstancias.

Fernández cre moi necesario atender as necesidades especiais do alumnado, con prioridade sobre as necesidades emocionais de mozos e mozas, debido á posible saturación por estar confinados dentro das súas casas. Ademais, non esquecen a fenda dixital que impide o desenvolvemento en condicións iguais dos estudantes. “Hai familias que só teñen conexión a Internet mediante datos, por tanto os estudantes non poden facer todas as tarefas telematicamente”.

Ao final, as achegas que reciba a web de FOANPAS servirán para ter un posicionamento “claro” sobre as diferentes cuestións relativas aos estudantes e as súas familias. Desta maneira poderase ofrecer información e formación aos diferentes actores implicados na educación infantil, primaria e secundaria.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...