InicioEconomíaPersoal da empresa de telemárketing Unísono denuncian que carecen de medidas de...

Persoal da empresa de telemárketing Unísono denuncian que carecen de medidas de seguridade contra o coronavirus

Nalgúns centros de telemárketing mesmo hai 1.400 persoas traballando sen a distancia mínima de seguridade dun metro e medio, ademais da falta de elementos de hixiene e material individual.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores e traballadoras da empresa de telemárketing, Unísono, están reunidos desde primeira hora da mañá para denunciar que non se aplican medidas de seguridade contra o coronavirus nos seus centros de traballo. Por exemplo, non se respecta a separación dun metro e medio de entre traballadores.

A empresa e representantes do persoal reuníronse esta mañá durante hora e media. Desde a sección de UGT en Unísono, Antón Otero informa que se “están poñendo solucións hidroalcóholicas ou panos de papel que non son abondo para todos”. Tamén por seguridade e para evitar contaxios, os portavoces sindicais pediron cascos individuais, mais aínda non foron repartidos. Sinalan que a empresa intentará traer máscaras.

O persoal presentou unha petición vía e-mail á Inspección de Traballo. A resposta foi que nestes momentos existen tres inspectores de garda para realizar tres mil inspeccións. Non obstante, dada a relevancia desta queixa, Inspección podería presentarse ao longo da mañá.

Reclamaron ademais que a empresa se cinga ao convenio de telemárketing debido ás alegacións de Unísono para manter a actividade. Entre os motivos para ter aberto os lugares de traballo, a operadora indica que están dentro do convenio de banca. “Iso porque traballamos entre outros para ING” sinala Antón Otero.

Teleoperadores de Unisono©Miguel Nuñez

A empresa engade que se non existe unha orde do Goberno para pechar as teleoperadoras, non pecharán. “O Goberno di que as oficinas bancarias poden permanecer abertas, mais non di que deban abrir as de telemárketing”.

Unísono ten en Vigo tres centros de traballo que suman uns 1.000 traballadores. Algúns membros do persoal pediron permisos xustificados non pagados para as persoas que teñen que quedar cos fillos na casa. “De momento é a solución que nos poden dar, aínda que reclamaremos outras medidas para recibir os salarios completos” aclara Otero.

Outra das empresas de telemárketing que está en actividade é Bosch, tamén con sede en Vigo. Esta empresa conta con 1.400 persoas e un só centro de traballo tamén en Vigo, “O risco está en que moitas persoas traballan en locais de espazo reducido e por tanto masificados” din desde UGT.

A empresa Unísono só atende desde a súa sede en Madrid. Postos en contacto con ela, non se recibiu ningunha resposta pola súa parte.

ÚLTIMAS

Xúlgase á parella acusada de incendiar dous vehículos de Vitrasa

Unha parella será xulgada este mércores, 25 de xuño, na Audiencia Provincial de Pontevedra,...

“Os alumnos galegos non destacan na PAU porque outras CCAA reducen a calidade e a esixencia”, segundo Román Rodríguez

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou este venres que o alumnado galego adoita...

A Policía desmantela unha rede de tráfico de drogas en Vigo con 74 quilos incautados

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, en funcións de garda,...

Murais para todos os barrios de Vigo

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este venres a adxudicación do XI...