InicioCultura'Entre trastes' actuará o 22 de febreiro en Vigo

‘Entre trastes’ actuará o 22 de febreiro en Vigo

O grupo de folk galego dará un concerto no teatro Afundación da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A banda acústica galega reinvéntase cun novo disco: “Umami“. Fan música tradicional, desde as raíces máis galegas ata as máis americanas pasando ás veces por influencias escocesas. Con guitarras acústicas, mandolinas e a contundencia do contrabaixo, manteñen “sempre unha clara esencia galega e propia” aseguran desde un comunicado de prensa.

Para a presentación do seu novo traballo, o conxunto de folk melódico vigués tocará no teatro Afundación de Vigo. Será o sábado 22 de febreiro ás 21h nunha sesión en acústico.

Sobre a situación do folk en Galicia, Hugo Franco, guitarrista do grupo sinala para Xornal de Vigo que “ultimamente a voz está pegando máis na música actual, pero nós apostamos polo instrumental, resaltando os matices harmónicos”. “Penso que o interese pola música tradicional galega vai medrando pouco a pouco” conclúe.

Ademais, o grupo vén de sacar o seu último videoclip, a canción ‘Rumbas de Pontepedriña e do Rass’:

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...