InicioMedio Ambiente e PatrimonioSOS ao patrimonio industrial de Vigo

SOS ao patrimonio industrial de Vigo

O proxecto Vigo Industrial lanza unha campaña de 'crowdfunding' para soster a súa páxina web.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto colaborativo Vigo Industrial, cuxo obxectivo é a catalogación e difusión do patrimonio industrial da comarca viguesa, puxo en marcha unha campaña de ‘crowdfunding’ para recadar fondos e poder así manter, no próximos tres anos, a súa páxina web.

Esta iniciativa naceu a principios de 2018, da man do historiador Uxío Reinoso, e púxose en marcha, entre outros motivos, para elaborar un catálogo web, con fichas dedicadas a cada elemento, onde se recolle a localización, documentos e outra información do estado actual do patrimonio industrial de Vigo.

A web, www.vigoindustrial.com, é de acceso libre e a maioría dos seus contidos tamén o son. Agora, para custear o seu mantemento durante o próximos tres anos, Vigo Industrial puxo en marcha esta campaña (ata o 12 de xaneiro) para que os cidadáns poidan colaborar economicamente e obter, como “recompensa”, artigos con deseños inspirados neses elementos do patrimonio histórico e industrial.

Vigo Industrial púxose en marcha á calor da plataforma cívica ‘Entremos na Panificadora’ e conta con colaboradores como a arquitecta Sandra Vilar, o deseñador gráfico David Amoedo, a deseñadora e fotógrafa Montse Piñeiro, ou o fotógrafo José Chas, entre outros.

Na elaboración dese catálogo do patrimonio industrial na ría de Vigo, contan coa participación tamén dos cidadáns (extraballadores das empresas, asociacións, institucións públicas, etc.). Así, ademais do labor puramente académico, tamén se fai “un traballo de activación cultural e social” ao redor do elemento que se está catalogando. Ademais deste traballo, Vigo Industrial realiza outras actividades sociais e culturais, como charlas, exposicións, ou rutas guiadas por lugares de interese.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...