InicioPolíticaFeijóo lamenta o falecemento de Manoel Soto e agradécelle "os servizos prestados"...

Feijóo lamenta o falecemento de Manoel Soto e agradécelle “os servizos prestados” a Vigo e á política

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de Manoel Soto, primeiro alcalde de Vigo da democracia, e agradeceulle "os servizos prestados" á Alcaldía da cidade olívica e tamén á política baixo as siglas do PSdeG, partido que deixou a finais da década dos 90.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de Manoel Soto, primeiro alcalde de Vigo da democracia, e agradeceulle “os servizos prestados” á Alcaldía da cidade e tamén á política baixo as siglas do PSdeG, partido que deixou a finais da década dos 90.

Tiven unha relación moi cordial con el desde que son presidente e tamén cunha das súas fillas, á que coñezo. Non podo máis que lamentar o seu falecemento”, trasladou Feijóo, quen lembrou, tras o Consello da Xunta, unha mensaxe telefónica que lle enviou Soto na que, segundo o presidente, lle trasladaba boas noticias sobre o estado da súa enfermidade.

“Era unha persoa vitalista, optimista e que sempre me animaba a seguir traballando en política. Laméntoo profundamente”, recalcou, a continuación, antes de enviar unha aperta á familia do que fora primeiro rexedor da democracia en Vigo, tras a ditadura franquista.

Finalmente, agradeceulle “os servizos prestados” á Alcaldía da cidade e tamén á política.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...