InicioSucesosSegue a busca do participante da proba do Tríatlon da Amizade desaparecido...

Segue a busca do participante da proba do Tríatlon da Amizade desaparecido no río Miño

O home non levaba traxe de neopreno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos dos corpos e forzas de seguridade de Galicia e Portugal seguen buscando a un dos participantes no Tríatlon da Amizade, unha proba que se celebrou ao longo deste domingo entre Tomiño e Vilanova de Cerveira, en Portugal, e no que había participantes dos dous lados da fronteira.

As primeiras informacións que chegaron a Xornal de Vigo apuntaban que se trataba dunha muller, pero logo confirmouse que se trataba dun home de 23 anos de Portugal. O rapaz non chegou á meta tras a proba de natación, o que acendeu todas as alarmas.

Tras comprobar que non aparecía, os organizadores da proba decidiron suspender a competición e iniciar a súa busca. Foi entón cando se activou un protocolo de colaboración entre efectivos de salvamento, emerxencias e forzas de seguridade de Galicia e Portugal para dar con el.

Segundo participantes na proba consultados por XdV, o home non levaba traxe de neopreno, o que tería impedido que afogara. Con todo, non se sabe polo momento, os motivos ou razóns que provocaron o accidente. Estas mesmas fontes comentan que durante a competición non foron conscientes do que estaba acontencendo, aínda que persoas que asistían como público notaron como había un dos participantes “que parecía que afogaba”.

PROBA RECOÑECIDA

O Tríatlon da Amizade é unha proba que transcorre en territorio galego e portugués e que leva varias edicións celebrándose. Ten lugar entre as localidades de Goián, en Tomiño, e Vilanova de Cerveira. Este ano había tres modalidades; BBT Menores, que comezou ás 11.15 horas, Proba masculina e estafetas, ás 15.30 e a modalidade feminina, ás 15.35.

Para as probas de adulto consiste nun primeiro sector 150 metros a nado, continuando con 20 quilómetros de proba en bicicleta e finalizando coa carreira a pé de 5 quilómetros

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...