InicioSucesosBuscan a un participante do Tríatlon da Amizade, entre Tomiño e Vilanova...

Buscan a un participante do Tríatlon da Amizade, entre Tomiño e Vilanova da Cerveira

Algunhas persoas do público aseguran que viron como se afundía no río.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos dos corpos e forzas de seguridade de Galicia e Portugal están buscando a un dos participantes no Tríatlon da Amizade, unha proba que se celebrou ao longo deste domingo entre Tomiño e Vilanova de Cerveira, en Portugal, e no que había participantes dos dous lados da fronteira.

O home non chegou á meta tras participar na proba feminina que comezou sobre as 15.35 horas. Nese momento activaronse todas as alertas para dar con ela.

Segundo as fontes consultadas por Xornal de Vigo, persoas que estaban seguindo a proba como público aseguran que viron como unha persoa se afundía no río Miño mentres participaba na proba. Con todo, esta información non puido ser confirmada.

O Tríatlon da Amizade é unha proba que transcorre en territorio galego e portugués e que leva varias edicións celebrándose. Ten lugar entre as localidades de Goián, en Tomiño, e Vilanova de Cerveira. Este ano había tres modalidades; BBT Menores, que comezou ás 11.15 horas, Proba masculina e estafetas, ás 15.30 e a modalidade feminina, ás 15.35.

Para as probas de adulto consiste nun primeiro sector 150 metros a nado, continuando con 20 quilómetros de proba en bicicleta e finalizando coa carreira a pé de 5 quilómetros

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...