InicioSucesosAtopan cultivos de marihuana nunha casa de Gondomar tras observar un consumo...

Atopan cultivos de marihuana nunha casa de Gondomar tras observar un consumo eléctrico desmesurado

A Garda Civil comprobou que "a maior parte" das estancias estaban destinadas a esta actividade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil localizou un cultivo de marihuana nunha vivenda en aluguer situada no municipio pontevedrés de Gondomar, polo que investiga a dous veciños como supostos autores dun delito contra a saúde pública polo cultivo e elaboración de drogas.

As investigacións sobre esta plantación denominada “indoor” iniciáronse o pasado mes de xuño polas sospeitas levantadas na Garda Civil logo de ver que o consumo de electricidade “superaba notablemente ao dunha vivenda de uso residencial”.

Así pois,  pasado luns a Garda Civil interceptou un vehículo que saíra da casa, onde se atoparon restos de terra e algunhas follas secas de marihuana. Coa entrada e rexistro no inmoble, os axentes comprobaron que “a maior parte” das estancias estaban destinadas a esta actividade e contaban cos elementos necesarios para iso: lámpadas halóxenas, extractores de aire, temporizadores de temperatura, envasadoras ao baleiro, deshumidificadores, máquinas picadoras ou estufas eléctricas.

No interior da vivenda púidose observar que a plantación xa fora colleitada, pero aínda quedaban algúns restos. Interviñéronse 50 paquetes de cogollos envasados ao baleiro, con 100 gramos cada un, así como unha bolsa de plástico con outros 175 gramos de cogollos e 125 gramos máis esparexidos polo chan. Tamén se localizaron 25 focos de alta potencia.

As dilixencias instruídas polos efectivos da Garda Civil, xunto cos efectos intervidos, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Vigo, onde deberán comparecer os investigados cando sexan citados.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...