InicioEconomíaOs armadores de Vigo reafirman as súas críticas a Greenpeace

Os armadores de Vigo reafirman as súas críticas a Greenpeace

Din que a "preocupación" da ONG por atracar o seu buque 'Rainbow Warrior' no porto de Vigo supón un modo de "menoscabar" a actividade da frota pesqueira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Nacional de Armadores de Buques Palangreiros de Altura (Anapa) e a Asociación Provincial de Armadores de Buques de Pesca de Palangre e Outras Artes de Pontevedra (Arpoan) denunciaron que a “preocupación” de Greenpeace por atracar o seu buque ‘Rainbow Warrior’ no porto de Vigo supón un modo de “menoscabar” a actividade da frota pesqueira.

As asociacións de armadores aseguraron que a entidade ecoloxista debería sentirse “satisfeita” polo feito de que a Autoridade Portuaria lle concedese a atracada ao seu buque no Porto de Vigo, que definiron como un “paradigma de sustentabilidade”.

Ademais, mostráronse “sorprendidas” e “preocupadas” polo feito de que a organización optase pola cidade olívica para acoller o seu buque no que denuncia o cambio climático “habendo tanto por reivindicar” en frotas palangreiras de países extracomunitarios.

Deste xeito, subscribiron a defensa da actividade da frota realizada polo presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, e afirmaron que se atopa nun proceso auditado de mellora pesqueira, así como que busca a “excelencia” a través dunha actuación “sustentable”.

En concreto, Greenpeace cancelou a atracada do seu buque en Vigo, previsto para este mércores, e desprazouno a Vilagarcía de Arousa despois de que López Veiga acusase a esta organización de levar a cabo actuacións contra o sector do mar galego e declinase a súa invitación para visitar o ‘Rainbow Warrior’.

Ademais, Greenpeace aludira a que a zona adxudicada para a atracada dificultaba a realización dun concerto e outras actividades previstas no barco.

Lea entre palangreiros da Guarda e activistas de Greenpeace pola sobrepesca de quenllas

Greenpeace traslada o seu barco a Vilagarcía de Arousa ante a “hostilidade” do presidente do Porto de Vigo

Lea entre palangreiros da Guarda e activistas de Greenpeace pola sobrepesca de quenllas

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...